Opinión | Res Pública
Galicia en 2026
Esta semana, o Foro Económico de Galicia presentou o seu informe de conxuntura correspondente ao derradeiro trimestre de 2025. Un ano bo no económico, a pesar das incertezas de todo tipo provocadas por Trump e Putin. A actividade económica en Galicia medrou de xeito semellante ao conxunto da economía española. Algo que de feito está a ocorrer dende o ano 2000, a pesar de que a demografía galega non axuda: faltan clientes e traballadores e hai que buscalos no exterior.
Porén o foco das preguntas dos xornalistas non se puxo no pasado. Falouse sobre todo de futuro, do que vai ocorrer en 2026, do impacto da guerra en Oriente medio. A verdade é que este factor introduce una incerteza enorme, porque non sabemos o que vai durar, mais si sabemos que ten un impacto económico considerable e proporcional a súa duración e a escalada ou desescalada que poidamos ter.
Así as cousas, o máis honesto intelectualmente e o máis útil para os axentes económicos e facer proxeccións para escenarios extremos. Dunha banda, os datos de xaneiro e febreiro indicaban unha forte inercia e apuntaban a que, de novo, Galicia superaría claramente o 2% de crecemento, cunha taxa de paro que baixaría do 8%, e unha inflación no entorno do 3%. En esencia, este seguiría sendo o escenario se a semana que vén rematase a guerra e se normalizase dentro do posible.
En troques, se o conflicto se extende ao conxunto do ano e o petróleo remata o exercicio por riba de 100 dólares o barril, a inflación media no conxunto do ano remontaría ata o entorno do 6% e o crecemento do PIB remataría por baixo do 2%. Estas son as cifras que manexa o Banco de España e que poden extrapolarse a Galicia. A recesión é descartable en Galicia e España, porque partimos dunha posición favorable. En contraste, na Eurozona existe o risco de que vexamos taxas negativas nalgún trimestre deste ano.
Suscríbete para seguir leyendo
- RC Deportivo - CD Mirandés, en directo hoy: partido de la Liga Hypermotion en vivo | Yeremay, Noubi y Riki, titulares
- A la venta Bambina, la discoteca que marcó la noche de Santa Cristina en los 90
- Del primer Zara del mundo a supermercado Dia: el emblemático local de Juan Flórez, en A Coruña, ya tiene nuevo inquilino
- Oleiros se niega a 'regalar dinero público' para que el 1A llegue a Santa Cristina
- Un juzgado de A Coruña perdona casi medio millón de euros a un empresario arruinado por la negligencia de sus socios
- Terrazas secretas en A Coruña: las 6 joyas de barrio favoritas de los vecinos (de Lonzas a O Portiño) para merendar al sol esta primavera
- El profesor de la UDC Carlos Jiménez, premio a la Excelencia en Química de Productos Naturales
- Javier Carrá Abad: 'En Londres tengo mucha calidad de vida, pero siempre pienso en volver a A Coruña
