Opinión
Cosme Damián Romay Cousido
Sobre as especies ameazadas en Galicia, outro ano máis

Gaivotas patiamarelas, no Parque Nacional das Illas Atlánticas. / Marta G. Brea
Hoxe cúmprense 19 anos da aprobación dun documento moi relevante para a conservación da biodiversidade galega: o Catálogo Galego de Especies Ameazadas. En efecto, a través do Decreto 88/2007, así como das súas actualizacións posteriores (Decreto 167/2011 e orde de 6 de maio de 2014), configúrase unha listaxe de 201 especies (113 de flora e 88 de fauna) que se consideran oficialmente ameazadas de extinción en Galicia, requeríndose, por este motivo, «medidas específicas e excepcionais de protección e conservación en Galicia».
As especies ameazadas deste catálogo divídense en dous anexos: o anexo I coas 77 especies (e subespecies) «en perigo de extinción» en Galicia —para as cales é imperativo redactar un «Plan de recuperación»—; e o anexo II cos 124 taxóns «vulnerables» —un chanzo antes do perigo de extinción, correspondéndolles un «Plan de conservación»—.
Nestas (case) dúas décadas de existencia do Catálogo Galego de Especies Ameazadas, a administración autonómica galega apenas avanzou na actualización deste catálogo, provocando ademais a protesta de multitude de asociacións e particulares por minimizar ou mesmo obviar o impacto de proxectos enerxéticos, silvícolas e industriais sobre especies merecedoras desas «medidas específicas e excepcionais de protección e conservación». O desleixo da consellería responsable en materia de medio natural é palpable tamén no número de plans de recuperación de especies «en perigo de extinción» aprobados ata hoxe: só 2 dun total de 77 (2,6%). E para as especies «vulnerables» o escenario é aínda máis lamentable: só un plan de conservación aprobado en 19 anos, dun total de 124 previstos (0,8%!).
Unha recente xornada organizada por ornitólogos galegos veu a dar a voz de alarma acerca da preocupante diminución das aves teoricamente amparadas polo Catálogo galego de especies ameazadas: existen declives moi importantes de especies como a tartaraña cincenta, a gatafornela ou o sisón, e varias delas (pita do monte, gaivota tridáctila e arao dos cons) extinguíronse como reprodutoras en Galicia recentemente.
Conclusión: para o G. N. Hábitat, é urxente licitar, elaborar, aprobar e aplicar os 198 plans de recuperación e de conservación conxelados desde 2007, así como ampliar o Catálogo galego de especies ameazadas para incluír especies en declive como o salmón atlántico, a anguía europea ou a gaivota patiamarela, entre moitas outras.
Cosme Damián Romay Cousido é biólogo e escribe en nome do G. N. Hábitat
- La panadería de A Coruña que cumple 75 años con colas en la puerta: 'Mis abuelos no tenían ni idea de pan cuando empezaron
- La confitería de A Coruña que lleva más de 40 años triunfando con sus sándwiches de miga: 'Todo el mundo dice que saben como los de Buenos Aires
- Juan Carlos Escotet recorre kilómetros: tercer partido consecutivo en la grada visitante con la afición del Deportivo
- A Coruña está hoy en aviso amarillo por lluvia y tormentas: este es el horario de la alerta
- La avenida de Santa Cristina ya es de Oleiros
- Sergi Quintela da el ascenso al Obradoiro y obliga al Leyma Coruña a pelear por la ACB en el ‘play off’
- El mesón con uno de los mejores calamares de A Coruña: 'Aquí la freidora nunca está parada
- El Puerto de A Coruña prepara la llegada a Langosteira de la última granelera de los muelles interiores