Opinión | O Grupo Naturalista Hábitat opina
Paula Fernández Moure
Sobre David Attenborough
O vindeiro 8 de maio cumpre 100 anos unha das figuras máis relevantes da divulgación naturalista a nivel global: Sir David Frederick Attenborough. Un século de vida dedicado a achegar o coñecemento científico á sociedade e a transformar a forma na que se comunica a natureza.
Criado nun ambiente académico, o seu interese polo mundo natural xorde xa na infancia. Sendo so un neno, dedica o tempo a explorar e recoller fósiles e pedras, formando pequenas coleccións que chamaron a atención da arqueóloga e escritora Jacquetta Hawkes. Esta paixón innata e a figura da científica británica marcaron un punto de inflexión, consolidando unha vocación que, tempo despois, marcaría a súa traxectoria vital e profesional.
Nos anos cincuenta, ao comezo da súa traxectoria profesional na BBC, axiña entende o potencial da televisión como ferramenta educativa. Sen centrarse unicamente na produción audiovisual, Attenborough desenvolve unha nova maneira de divulgar. A través de series documentais pioneiras, como Life on Earth, revoluciona a forma de comunicar a vida salvaxe, combinando rigor científico cunha narrativa envolvente que esperta o interese pola natureza en millóns de persoas en todo o mundo.
Co paso das décadas, a incerteza climática e social tomaron forza no seu discurso. O cambio climático, a destrución de hábitats e a perda de biodiversidade convertéronse en eixos centrais do seu labor divulgativo. Lonxe de adoptar unha postura alarmista e pesimista, Attenborough soubo combinar a denuncia coa esperanza, recordándonos que aínda existen solucións se se actúa con responsabilidade e decisión.
O legado de Attenborough vai máis alá da súa figura pública. Representa unha concepción da divulgación científica como servizo público e como ferramenta de responsabilidade social, capaz de conectar coñecemento e comunicación para situar a conservación da natureza como unha preocupación global compartida. Nun mundo saturado de información, demostrou que a comunicación pode ser unha ferramenta poderosa para o cambio, pero require decisión, cooperación e vontade política.
Conclusión: para o Grupo Naturalista Hábitat, a figura de David Attenborough simboliza o compromiso a longo prazo coa educación ambiental e coa defensa da biodiversidade. Nun contexto climático-social que desconcerta sobre o futuro do planeta, o seu labor case centenario inspira a seguir loitando por un futuro respectuoso co medio natural.
Paula Fernández Moure é bióloga e membro do Grupo Naturalista Hábitat
- Juan Carlos Escotet recorre kilómetros: tercer partido consecutivo en la grada visitante con la afición del Deportivo
- La avenida de Santa Cristina ya es de Oleiros
- La panadería de A Coruña que cumple 75 años con colas en la puerta: 'Mis abuelos no tenían ni idea de pan cuando empezaron
- El veterano restaurante de A Coruña que conquista Riazor desde hace más de 25 años: 'El nombre significa albahaca en italiano y cuando llegamos no se vendía en los supermercados
- Así será el nuevo Fabril que ya está en marcha: renovaciones cerradas y propuestas encima de la mesa
- El Puerto de A Coruña prepara la llegada a Langosteira de la última granelera de los muelles interiores
- El 'cat café' de Culleredo se muda a Carral
- Las cuentas del Deportivo para ascender a Primera División: depende de sí mismo en la recta final