Opinión | RES PÚBLICA
Conciencia fiscal
Sen sanidade e ensino público, sen pensións, sen seguro por desemprego e incapacidades temporais, e eliminando os servizos de dependencia, os impostos e cotizacións sociais serían moitísimo máis baixos que na actualidade. Máis ou menos como no franquismo.
Certo que hai exemplos de países nos que cada un amaña o seu. Poñamos o caso de Estados Unidos. O acceso a unha boa universidade é quimera para moitas familias con rendas por baixo da media, unha enfermidade grave pode arruinar a quen non teña contratado previamente un caro seguro, que cada un achante cos seus dependentes.
Un pode preferir o franquismo, o modelo estadounidense, ou o que temos hoxe en España. A escolla para cada cidadán e partido político é lexítima, pero sen perder a coherencia. Porque se queremos a carteira de servizos e prestacións que temos, hai que estar dispostos a pagar os impostos precisos. Que, en xeral, son algo inferiores aos que pagan os nosos veciños europeos.
A partir de aquí, podemos discutir sobre a conveniencia dunha reforma tributaria que faga máis eficiente e xusta esa recadación tributaria; ou sobre a necesidade de avaliar para gastar mellor nalgúns eidos. Son asuntos relevantes e aos que algúns lle dedicamos moito tempo nos nosos esforzos investigadores e docentes. Pero o debate hai que situalo en perspectiva. Mesmo cunha reforma óptima e gastando con toda a eficiencia, a contía global dos impostos e cotizacións sociais que teriamos que pagar seguirían sendo elevados.
Por iso precisamos unha elevada conciencia fiscal. A xente ten que entender que se queremos servizos de acceso libre, hai que pagar moitos impostos. Cada un en función das súas posibilidades; pero todos temos que facelo. Por iso, alporízome cada vez que oio o termo de «inferno fiscal». Porén, teño tamén prevención coa idea de que as rendas baixas queden fóra da presentación do IRPF, ou de que o SMI quede libre de impostos. Máis aló dos problemas de tipos marxinais disparatados para os que gañan 20.000 euros; de agravios comparativos cos autónomos que gañan o mesmo que o SMI e si pagan, abre unha vía para os que gañan 25.000 ou 30.000 anuais argumenten tamén que eles deben quedar fóra do pago do IRPF. Que paguen os ricos, din. Non é a primeira vez que o escoito.
Falemos máis de conciencia fiscal.
- Las obras de la estación intermodal entran en su última fase: la nueva zona de vías y andenes se completará en las próximas semanas
- Marineda City abre nueva tienda dedicada al universo femenino
- José Luis Méndez Romeu: “A Coruña necesita una nueva instalación para la ópera y la ubicación perfecta es el muelle de Calvo Sotelo”
- La dueña de Estrella Galicia roza los 1.000 millones de facturación y Morás ya produce el 20% de la cerveza
- Un extremo derecho, una prioridad para el Deportivo en su mercado de fichajes
- Inditex nombrará al expresidente de Caixabank José Ignacio Goirigolzarri como nuevo consejero independiente
- La terraza de Oleiros para ver el atardecer en primera línea: 8 grifos de cerveza y burgers con un pan 'espectacular
- Cerceda nota el tirón de la Vía Verde con 18.000 usuarios en 2025: 'En el bar pasamos de vender dos menús diarios a 40 en menos de un año
