Opinión | Res Pública
Saúde e gasto sanitario
A semana pasada, o Foro Económico de Galicia presentou no Congreso dos Deputados un informe sobre o gasto sanitario en España, liderado por Beatriz González López-Valcarcel. O documento está dispoñible no sitio web da fundación para quen queira velo polo miúdo. Para os que non teñan o tempo, velaí van as cinco ideas fundamentais.
A saúde non depende só dos hospitais ou dos médicos; tamén doutras políticas públicas como a vivenda, o urbanismo, o emprego ou a loita contra a pobreza. Moitas veces, medidas nestas e outras áreas xeran máis saúde e lonxevidade e custan menos ca algúns tratamentos médicos.
Segunda: é moito mellor investir na prevención ca en curar despois. Coidar a alimentación, evitar o tabaco, moderar o alcohol, reducir a contaminación atmosférica, reducir o estrés e facer exercicio axuda a previr enfermidades crónicas e a vivir máis anos e con mellor calidade de vida.
En España, o gasto total en sanidade está xa na media dos países da OCDE; e a distribución do mesmo entre público e privado tamén. O sistema está ademais moi descentralizado, e existen diferenzas notables entre comunidades autónomas. Iso reflicte necesidades distintas, pero tamén desigualdades de recursos. Evitar situacións de infrafinanciamento e garantir a suficiencia pasa por reformar o sistema de financiación autonómica. Galicia gasta por habitante un 6% máis que a media, o que sitúa en novena posición no mapa das 17 Comunidades Autónomas.
A cuarta idea é que, comparativamente, o gasto hospitalario medrou substancialmente máis que o gasto en atención primaria en España. Ao mesmo tempo, a produtividade do sistema empeora: a actividade medrou significativamente menos que os recursos, e as urxencias españolas están entre as máis visitadas da Unión Europea, o que pode interpretarse como síntoma de que algo non funciona todo o ben que debera.
Finalmente, os grandes retos cara ao futuro: o avellentamento da poboación, a innovación sanitaria e organización do sistema. O primeiro esixe máis prevención para chegar mellor; o segundo obriga a avaliar ben se os novos tratamentos realmente compensan o seu custo; e o terceiro pide reforzar a atención primaria, integrar mellor os servizos e estender e escalar as experiencias e innovacións que a práctica clínica demostran que funcionan. n
Suscríbete para seguir leyendo
- El Deportivo jugará el Teresa Herrera ante el Real Madrid el 12 de agosto tras el eclipse de Sol
- El pueblo de A Coruña para probar un pulpo único este sábado: 3.000 raciones, verbena y un entorno ideal para recorrer a pie
- Los abuelos de A Coruña al rescate de sus hijos para cuidar a sus nietos: 'Es una experiencia que te devuelve con creces lo que aportas
- Cinco días de fiesta en Arteixo con orquestas como Panorama, París de Noia y Los Satélites para animar las celebraciones de Santiago Apóstol
- Las peñas del Deportivo se manifestarán contra la subida de precios y las condiciones de Marathon Inferior: 'Supondrían la desaparición del alma de Riazor
- Cambre tira de Arteixo para subsanar la deficiencia de personal
- Ingeniería Naval y Oceánica y Enfermería lideran las notas de corte en la Universidade da Coruña: 'Creí que no iba a entrar, estoy muy feliz
- Así juega Lorenzo Amatucci, el 'regista' deseado para el Deportivo: 'Es un gran recuperador, su juego se basa en el pase corto y la asociación
