Opinión
Deixar que Galicia xogue no Mundial
O balón roda na Copa do Mundo mentres a afección galega asiste ao maior espectáculo do planeta cunha mestura de admiración e frustración.
Admira o xogo, celebra de corazón os éxitos da Selección Española, como seica tamén ollará con simpatía os mellores triunfos para os veciños e irmáns da Selección de Portugal, mais padece a anomalía de non ver competir a súa propia identidade. Galicia posúe un patrimonio futbolístico innegábel, unha canteira inesgotábel e hoxe nomeadamente potente e unha selección centenaria, a Irmandiña, que arestora permanece inxustamente codenada á inexistencia.
O sistema de admisión da FIFA só impide partillar á Irmandiña por mor do veto da Federación Española de Fútbol, que hoxe seica preside un galego que semella non sentir esta pulsión de dignidade e sentido común.
Porque este veto non se entende analizado dende a proximidade. Neste mesmo Mundial, e nas fases previas que conduciron a el, participan territorios que evidencian o absurdo do criterio oficial. Escocia, Gales ou Irlanda do Norte compiten por dereito histórico sen seren Estados independentes.
A esta lista cómpre engadir os casos da contorna lusófona que ilustran á perfección esta flexibilidade selectiva. Macau, rexión administrativa especial de China, Illas Feroe, territorio de Dinamarca ou Anguila e Montserrat, territorios británicos de ultramar, son membros de pleno dereito da FIFA. Do mesmo xeito, Cabo Verde, Guinea-Bissau ou a propia República Democrática de
Timor-Leste, hoxe independentes, pero con traxectorias de recoñecemento moi diversas, amosan que o fútbol sabe adaptarse á realidade dos pobos.
A fenda demográfica descubre o paradoxo. Mentres nacións ou territorios con menos de cen mil habitantes teñen garantido o dereito a competir, a soñar e a medrar, Galicia, cunha poboación que supera os 2,7 millóns de habitantes, fica excluída. Esta cifra, sumada a unha das ligas territoriais máis potentes do Estado e a clubs históricos de proxección europea, como os nosos Dépor e Celta, demostra que a exclusión non responde a criterios deportivos nin de viabilidade, senón a un mero candado político e burocrático.
O recoñecemento da Selección Galega nas competicións internacionais non ha entenderse como un ataque a respecto do combinado español, cun camiño exitoso mesmo partillado por ducias de milleiros de afeccionados galegos. Trátase dun acto de xustiza cultural e deportiva. O fútbol moderno presume de ser unha ferramenta de inclusión, un espazo global onde se celebra a diversidade dos pobos do mundo. Negarlle a
Galicia a posibilidade de afiliarse á FIFA e de desputarmos as competicións oficiais non fai máis forte ao fútbol internacional; simplemente faino máis pequeno, máis inxusto e máis incoherente.
É hora de que abran as portas para deixarmos xogar. Para deixaren que Galicia xogue.
Suscríbete para seguir leyendo
- Los abuelos de A Coruña al rescate de sus hijos para cuidar a sus nietos: 'Es una experiencia que te devuelve con creces lo que aportas
- El bocadillo de A Coruña que inventó un niño en Monte Alto llega a la Marina: 'No fui un visionario, solo tenía hambre
- Beatriz Padín deja Inditex, la 'mano de diseño' de Zara Woman y una de las personas de confianza de Amancio Ortega se despide tras años de trayectoria
- Las peñas del Deportivo se manifestarán contra la subida de precios y las condiciones de Marathon Inferior: 'Supondrían la desaparición del alma de Riazor
- Un asador histórico de la comarca aterriza en el Orzán de A Coruña: 'Lo seguimos haciendo todo como hace 30 años
- ¿Quién es Beatriz Padín? La «hija adoptiva» de Amancio Ortega y mentora clave de Marta Ortega en Inditex
- El pueblo de A Coruña para probar un pulpo único este sábado: 3.000 raciones, verbena y un entorno ideal para recorrer a pie
- Santiago se adelanta en la captación de rutas áereas y Alvedro sigue a la espera con menos vuelos que hace un año
