Opinión | O Grupo Naturalista Hábitat opina
Cosme Damián Romay Cousido
Sobre o acceso á información pública de interese ambiental
Hoxe, 28 de setembro, é o Día internacional do Dereito Universal de Acceso á Información Pública. En efecto, o dereito da cidadanía de acceder a arquivos e rexistros en poder da Administración é algo consagrado pola Constitución Española de 1978, no seu artigo 105b. Este precepto constitucional desenvolveuse na Lei 30/1992. Anos máis tarde, houbo unha lei específica para garantir o acceso das persoas a información de carácter ambiental: a lei 38/1995. Esta lei, que blinda o dereito de acceso á información en materia ambiental, foi consecuencia da obrigada transposición ao ordenamento xurídico español da Directiva comunitaria 90/313/CEE sobre liberdade de acceso á información en materia de medio ambiente. Cómpre subliñar que foi (e é) moi habitual que as leis galegas e españolas en materia de medio ambiente emanen de leis europeas, de obrigado cumprimento polos estados membros da UE.
En todo caso, ao longo dos anos 90 algúns países europeos non facilitaban (ou demoraban) o acceso de particulares e entidades a dossieres de interese ambiental, polo que foi necesaria a celebración do Convenio de Aarhus sobre o acceso á información, a participación do público na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente, asinado en Aarhus (Dinamarca) o 25 de xuño de 1998. Tamén foi necesaria unha ulterior reforma da Directiva sobre acceso á información en materia de medio ambiente, creando a nova Directiva 2003/4/CE que derrogou a anterior (90/313/CEE).
Todo este entramado legal, certamente complexo, serve finalmente para evitar que a administración oculte información relevante á hora de reclamar “xustiza ambiental” por parte de particulares e colectivos ambientalistas. De feito, as alegacións a moitos dos proxectos con maior potencial lesivo para a nosa natureza apóianse en información previamente solicitada á administración.
En todo caso, estes procesos non sempre son rápidos nin efectivos: o G. N. Hábitat ven padecendo demoras no acceso a dosieres informativos, sen mencionar a ausencia de resposta por parte da administración autonómica a alegacións que Hábitat fixo contra varios proxectos (entre eles a da macrocelulosa de Altri). Comentar, por último, que a Xustiza xa emitou sentenzas contra a propia administración galega en relación co acceso á información ambiental: en xullo de 2021, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ratificou a sentenza dun xulgado de Lugo polo que se admitía a demanda dunha entidade ecoloxista (ADEGA) contra a resolución da Consellaría de Medio Rural de denegar o acceso a expedientes sancionadores sobre plantacións ilegais de eucalipto en Begonte en 2017.
Conclusión: o G. N. Hábitat celebra este día confirmando que, como entidade de utilidade pública desde 2022, seguirá reivindicando o acceso a información pública de interese ambiental para así seguir realizando accións (alegacións, denuncias,...) esenciais para a conservación da natureza galega.
- El bar de Monelos que ya vende 46.000 tortillas en A Coruña: 'Tardamos 7 años en llegar a la receta
- Deportivo: los dos fichajes que, en realidad, son cuatro
- El Centro Comercial Cuatro Caminos de A Coruña suma una nueva oferta a su zona de restauración
- La Panorama, París de Noia y Ortiga, platos fuertes de las fiestas de Betanzos, que tendrán a Dolores Vázquez de pregonera: consulta todo el programa
- Contrato de dos temporadas para Aubameyang con el Deportivo
- Primer amistoso del verano para el Deportivo con tres ausencias seguras
- Un millar de seguidores se manifiestan por los abonos del Deportivo
- ¿Hay riesgo de que en A Coruña se tape la estación tras la polémica por la marquesina que esconde la estación histórica de Santiago?