Opinión | O Grupo Naturalista Hábitat opina
Santiago Vázquez Casás
Sobre o reto dunha xardinería máis sustentable
Desde as décadas dos anos 60 e 70 do século pasado, o abandono do medio rural en dirección ás cidades e ás súas periferias provocou un cambio considerable na relevancia das zonas verdes urbanas. Parques públicos, zonas comúns de urbanizacións, pequenos xardíns e hortas privadas adquiriron unha nova importancia tanto social como ambiental como zonas de respiro para os habitantes urbanos, que entran así en contacto directo coa natureza. Porén, tamén supoñen un considerable consumo de recursos e teñen un impacto significativo na convivencia coa biodiversidade, cunha repercusión económica e ecolóxica destacable. En todo caso, tanto os xardíns públicos como os privados poden ser espazos onde conceptos tan actuais como a conservación do solo, a economía circular, o kilómetro cero, a redución das emisións de CO2, a loita contra a contaminación luminosa ou a protección da biodiversidade se poidan aplicar no día a día. Algo que se dá en chamar “xardinería sustentable”.
A xardinería sustentable non implica grandes cambios, senón a adopción de pequenas accións que, sumadas, xerarán un impacto positivo. Por exemplo, a compostaxe dos restos orgánicos xerados no xardín —como follas, pólas e recortes— é unha práctica sinxela que contribúe a crear fertilizante ecolóxico que mellora a calidade do solo sen utilizar produtos químicos. Ademais, evitar o uso de fitosanitarios sintéticos minimiza a contaminación e protexe ás especies beneficiosas presentes. Outro aspecto importante é manter unha porción do xardín en estado silvestre, favorecendo a biodiversidade local e evitando a proliferación de especies invasoras que poidan danar o ecosistema. A instalación de refuxios para a fauna, así como a creación de microhábitats naturais como estanques ou sebes, axuda a conservar e atraer diferentes organismos que contribúen ao equilibrio natural. Na xardinería sustentable tamén é recomendable reducir ao mínimo o uso de iluminación innecesaria, paliando a contaminación luminosa e favorecendo os ciclos vitais naturais dos animais. Así mesmo, limitar o emprego de maquinaria con motores de combustión ten beneficios evidentes, ao reducir as emisións de gases contaminantes e o ruído, contribuíndo a un ambiente máis saudable para as persoas.
Conclusión: mediante pequenos xestos cotiáns, podemos transformar os nosos espazos verdes nun modelo respectuoso co medio, que fomente a biodiversidade, a saúde ambiental e o benestar humano. Co compromiso e a participación activa, podemos promover tamén unha concienciación ambiental que impulse, na nosa administración pública máis próxima, prácticas máis respectuosas e sostibles. Fortaleceremos así a relación entre o ser humano e o planeta, construíndo deste xeito futuro máis verde e equilibrado.
- Los abuelos de A Coruña al rescate de sus hijos para cuidar a sus nietos: 'Es una experiencia que te devuelve con creces lo que aportas
- El bocadillo de A Coruña que inventó un niño en Monte Alto llega a la Marina: 'No fui un visionario, solo tenía hambre
- Beatriz Padín deja Inditex, la 'mano de diseño' de Zara Woman y una de las personas de confianza de Amancio Ortega se despide tras años de trayectoria
- Las peñas del Deportivo se manifestarán contra la subida de precios y las condiciones de Marathon Inferior: 'Supondrían la desaparición del alma de Riazor
- Un asador histórico de la comarca aterriza en el Orzán de A Coruña: 'Lo seguimos haciendo todo como hace 30 años
- ¿Quién es Beatriz Padín? La «hija adoptiva» de Amancio Ortega y mentora clave de Marta Ortega en Inditex
- El pueblo de A Coruña para probar un pulpo único este sábado: 3.000 raciones, verbena y un entorno ideal para recorrer a pie
- Santiago se adelanta en la captación de rutas áereas y Alvedro sigue a la espera con menos vuelos que hace un año