Opinión
A casa común do galeguismo e as locais do 27
O 25 de xullo deixou como imaxe indubidábel unha ateigada manifestación do BNG nas rúas de Compostela. Tamén moitas actividades e partillantes no Festigal. A política require de densidade humana canda a mensaxe e, hoxe, non existen máis organizacións políticas arraizadas no País e dotadas de auténtica capilaridade social ca o PPdeG e o BNG. Hai unha maré de fondo, unha pulsión de cambio que sinala a maduración dos tempos políticos en Galiza. A organización soberanista semella ir asumindo que o noso país é profundamente plural e que calquera proxecto con vocación hexemónica ten de ser, xa que logo, plural, transversal e inclusivo.
No vindeiro curso académico as eleccións locais de 2027 van ser fulcrais á hora de decidir se continua a hexemonía do PPdeG (que mesmo arela um avance en determinadas vilas e cidades) ou avanza a Galicia do cambio, nomeadamente nas cidades, no mantemento do control das Deputacións de Lugo e A Coruña e na recuperación da Deputación de Pontevedra.
O Dereito electoral local castiga aos espazos políticos que concorren fragmentados no ámbito local. A elección dos deputados provinciais non se realiza a medio de sufraxio directo, senón a través da suma dos votos obtidos por cada formación nos diferentes partidos xudiciais. Esta regra do xogo premia sen piedade a concentración do voto e castiga de forma severa a dispersión das candidaturas progresistas e galeguistas. O PPdeG, consciente da devandita dinámica, alicerza boa parte do seu poder institucional na capacidade de rendibilizar a división allea para, quer manter nuns casos, quer recuperar noutros, os gobernos das Deputacións galegas.
Malia que o BNG ten avanzado substancialmente os últimos oito anos no mapa electoral local, integrando parte desta caste de grupos e tradicións políticas locais, seguen a existir agrupacións veciñais e candidaturas municipalistas que poden chegar confrontar co soberanismo organizado en concellos importantes. Son expresións xenuínas da vitalidade democrática da nosa terra, nacidas moitas veces da necesidade de dar resposta a problemas concretos da veciñanza que as estruturas tradicionais non souberon interpretar no seu día. Porén, cando estas opcións concorren de maneira illada e sen ningunha conexión estratéxica co soberanismo orgánico, prodúcese un fenómeno devastador: miles de sufraxios galeguistas e de progreso fican absolutamente esterilizados á hora de sumar para a Deputación correspondente. Un luxo que o país non se pode permitir se realmente se pretende construír unha alternativa real de goberno fronte á hexemonía da dereita.
O reto esixe superar vellas inercias e apriorismos dogmáticos. O BNG, na súa condición de forza central e hexemónica do galeguismo político, ten o deber histórico de exercer unha actitude xeral de inclusión e xenerosidade. Non se trata de esixir submisións. Trátase, pola contra, quer de artellar fórmulas xurídico-electorais intelixentes e asociativas, quer de integrar respectando as sensibilidades locais para non perder votos galeguistas e progresistas. Pola súa banda estas forzas locais haberían entender a dificultade de facer política transformadora nos concellos sen un proxecto de país con expresión orgánica de seu e actuar responsábel e consecuentemente.
Sen dúbida sempre haberá algún caso illado e puntual no que a dinámica local requira de soluciòns de integración ampla baixo fórmulas de independencia partidaria formal. Mais construir unha Casa Común do soberanismo, do galeguismo político, require integrar estas sensibilidades e, en xeral, todas as que teñan Galicia, a súa prosperidade e a liberdade e benestar da súa xente como referentes. Porque unha Casa Común non é un edificio pechado con chave, senón un espazo aberto de libre concorrencia e colaboración.
Só dende a xenerosidade estratéxica e dende a intelixencia política é posíbel transformar a ilusión e a forza demostradas na rúa e na sociedade nunha maioría institucional sólida, plural e verdadeiramente transformadora para toda Galicia. E unha tal maioria nace nos concellos, segue nas Administracions intermedias e porá o ramo no Parlamento e no Goberno deste país.
Suscríbete para seguir leyendo
- La alcaldesa de A Coruña destituye al concejal de Urbanismo ante el Icomos y como presidente de la comisión del plan de la Ciudad Vieja
- Media Segunda División y equipos portugueses y franceses, tras Arnau Comas
- Expansión de la refinería de A Coruña: Repsol acepta la ayuda de 133,4 millones de euros del Estado para producir hidrógeno ecológico
- La Aemet dicta sentencia sobre el eclipse de 2026 en A Coruña: 'La probabilidad de que haya nieblas es del 60%
- La alcaldesa de A Coruña se defiende de las críticas sobre la reunión del área metropolitana: 'Era con los Concellos del primer cinturón
- La transformación del patio del colegio María Barbeito en A Coruña: del cemento a zonas verdes, huerto y áreas de juegos
- Cristina Arámbula y la revolución de la natación artística española en el Europeo de París: «Rusia nos ha puesto la alfombra roja para liderar la ‘sincro’, vienen años muy bonitos»
- Minia Manteiga, presidenta de la Sociedad Española de Astronomía: 'Es mejor ver el eclipse en Orzán que en Riazor
