Opinión | O Grupo Naturalista Hábitat opina
Cosme Damián Romay Cousido
Sobre a lei do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia
Hoxe cúmprense sete anos da lei 5/2019, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, norma que regula actualmente a conservación, o uso sostible e a restauración dos valores naturais galegos. Substituiu daquela á lei de conservación da natureza de Galicia, que databa do ano 2001, se ben permanece vixente toda a normativa derivada desa antiga lei, como o Catálogo galego de especies ameazadas (decretos 88/2007 e 167/2011 e orde do 6 de maio de 2014).
Máis polo miúdo, os obxectivos principais da lei 5/2019 serían protexer os ecosistemas de maior interese do territorio, así como a flora e a fauna silvestre en xeral, con maior énfase naquelas especies ameazadas e/ou protexidas. Tamén ten como liñas mestras regular a xestión dos espazos naturais galegos, facilitar a custodia do territorio e propiciar a restauración e rehabilitación ambiental de áreas degradadas. Deste xeito, lograríase avanzar no chamado «desenvolvemento sostible», isto é, aproveitar os recursos sen danar o medio natural.
Ademais, con esta lei créase a subcategoría de «microrreservas naturais» (de pequena extensión e limitadas no tempo) e toma forma a estratexia de infraestrutura verde e conectividade e restauración ecolóxicas (que sería formalmente aprobada a través dunha orde autonómica do 4 de outubro de 2024). Os espazos naturais de interese local poden abranguer máis dun concello desde a entrada en vigor desta lei, e créase, finalmente, o Catálogo dos hábitats en perigo de desaparición de Galicia.
Así e todo, e a pesar do completo da norma, o seu cumprimento dista moito de ser satisfatorio. Os plans de recuperación e conservación ligados ao Catálogo galego de especies ameazadas están maioritariamente sen redactar desde 2007, e seguimos á espera dese Catálogo dos hábitats en perigo de desaparición de Galicia. A xestión dos espazos naturais galegos é en xeral deficiente (p. ex. Baldaio, que leva semanas nunha penosa situación ambiental pola acumulación de areas na bocana da zona húmida), e as entidades de custodia do territorio apenas teñen apoio da administración autonómica.
Conclusión: a pesar de ser unha norma correcta e inicialmente esperanzadora, a lei 5/2019 do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia semella hoxe máis papel mollado do que un instrumento aplicado con rigor e axilidade. Se non está blindada a conservación de espazos e especies teoricamente protexidos, dificilmente podemos soñar coa restauración e rehabilitación ambiental de áreas degradadas na nosa terra.
- La alcaldesa de A Coruña destituye al concejal de Urbanismo ante el Icomos y como presidente de la comisión del plan de la Ciudad Vieja
- Media Segunda División y equipos portugueses y franceses, tras Arnau Comas
- Expansión de la refinería de A Coruña: Repsol acepta la ayuda de 133,4 millones de euros del Estado para producir hidrógeno ecológico
- La Aemet dicta sentencia sobre el eclipse de 2026 en A Coruña: 'La probabilidad de que haya nieblas es del 60%
- La alcaldesa de A Coruña se defiende de las críticas sobre la reunión del área metropolitana: 'Era con los Concellos del primer cinturón
- La transformación del patio del colegio María Barbeito en A Coruña: del cemento a zonas verdes, huerto y áreas de juegos
- Cristina Arámbula y la revolución de la natación artística española en el Europeo de París: «Rusia nos ha puesto la alfombra roja para liderar la ‘sincro’, vienen años muy bonitos»
- Minia Manteiga, presidenta de la Sociedad Española de Astronomía: 'Es mejor ver el eclipse en Orzán que en Riazor