Opinión
Paulo Sexto | Presidente da Asociación Veciñal Oza-Gaiteira-Os Castros
Contra o fascismo: nin silencio nin indiferenza
Hai ideoloxías que a historia xa xulgou. O fascismo é unha delas.
Non é unha opinión máis nin unha opción política inocua. É unha ideoloxía baseada no autoritarismo, na negación da democracia, na persecución de quen pensa diferente e na utilización do odio como ferramenta para dividir á sociedade.
Cando o fascismo avanza, retroceden os dereitos e as liberdades. Ataca a convivencia, sinala colectivos vulnerables como inimigos, promove a intolerancia e pretende substituír o diálogo pola imposición e o medo.
A historia de Europa e do mundo demostrou con enorme dureza as consecuencias destas ideas: guerras, persecucións, xenocidio, censura e a perda das liberdades fundamentais. Esquecer esa realidade sería un erro que non podemos permitirnos.
Como sociedade, temos a responsabilidade de defender sen ambigüidades os valores democráticos, os dereitos humanos, a igualdade e o respecto á diversidade. Non hai espazo para a equidistancia cando están en xogo a dignidade das persoas e os principios que sosteñen unha convivencia libre.
O silencio fronte aos discursos de odio convértese, demasiadas veces, na súa mellor ferramenta. Por iso é necesario responder con firmeza, con memoria, con educación e cun compromiso activo coa democracia.
Temos que facer un chamamento á cidadanía, ás institucións e ao conxunto das organizacións sociais para que non normalicen nin minimicen actitudes, discursos ou comportamentos que alimenten o odio, a discriminación ou a violencia.
Defender a democracia non consiste só en votar; consiste tamén en defender cada día a liberdade, a igualdade, a xustiza social e o respecto mutuo.
Porque nunca máis significa nunca máis.
Fronte ao fascismo: memoria, democracia e dereitos humanos. Fronte ao odio: convivencia, solidariedade e liberdade.
- Estrella Galicia demuele un concesionario al lado de su sede en A Coruña para un nuevo uso
- El restaurante que recomienda Martiño Rivas en la guía de Zara por su tortilla: “Todo gira en torno al sabor”
- Abre Marrano en A Coruña, el local informal de tapeo para amantes de la carne a la parrilla: 'Aquí nada de sentarse en una mesa con mantel
- La Casa Cervigón, en Oleiros, atesora el primer jardín moderno de Galicia
- Multas y vigilancia en la estación de tren de A Coruña ante los coches que paran para recoger y dejar pasajeros
- La plantilla del Deportivo mira al parón de selecciones: ¿Quién puede ser el próximo internacional absoluto?
- Que los fichajes del Deportivo no nublen el sol de la Segunda División
- Las quejas sobre los trenes, de nuevo protagonistas en la víspera del inicio del curso en A Coruña: 'Renfe me ha obligado a cambiarme al coche