18 de diciembre de 2010
18.12.2010

Os diarios inéditos de Lois Pereiro

Lois Pereiro: cartas de amor e despedida 'Conversa ultramarina'

LA OPINIÓN adianta tres textos inéditos do poeta ao que se lle adica o Día das Letras Galegas 2011, que formarán parte do libro 'Conversa ultramarina'

18.12.2010 | 03:47
Piedad R. Cabo e Lois Pereiro, na Casa de Campo de Madrid, en xaneiro de 1981. / daniel iglesias

'Conversa ultramarina', uns diarios inéditos e de existencia descoñecidos ata o de agora, do poeta Lois Pereiro, ao que se lle adica o Día das Letras Galegas 2011, verán a luz nos próximos días, publicados por Edicións Positivas. O responsable da edición considera que os textos, escritos en 1995, meses antes de morrer, e que teñen como destinataria á muller que sempre amou, constitúen "o prólogo de 'Poesía última de amor e enfermidade" e pertencen a un momento de efervescencia creativa do poeta monfortino, morto aos 38 anos. 'Conversas' mistura con absoluta liberdade o galego e o castelán e inclúe fragmentos en francés, inglés e alemán
Reproducimos nesta páxina tres textos de 'Conversa ultramaria', de próxima aparición en Edicións Positivas. Os dous primeiros, en galego, amosan as ganas de vivir do poeta. O terceiro, en castelán, é unha emocionada carta do 8 de marzo de 1995 a Piedad R. Cabo, limiar do libro

"No somos siameses, pero tú tienes mi alma y yo la tuya", escribe Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996) nunha carta datada no 8 de marzo de 1995, quince meses antes de morrer. A destinataria é Piedad R. Cabo, a muller á que sempre amou, aínda que daquela facía anos que deixara de ser a súa parella.

A frase forma parte da carta que serve de limiar a Conversa ultramarina, o diario que Lois Pereiro - poeta ao que se lle de adica o Día das Letras Galega 2011- deixou inédito e que a compostelana Edicións Positivas publicará este Nadal nunha edición a cargo do filólogo Hugo Martínez.

En Conversa ultramarina, Pereiro exprésase con total liberdade, tanto en castelán como en galego, con citas en francés, inglés e alemán. Os textos, escritos en plena tensión creativa, traslucen as ganas de vivir do poeta, cando xa se sabe ferido de morte.

A publicación de Conversa permitirá completar a visión da obra de Pereiro, un poeta que morreu moi xove -con 38 anos- e que deixou unha valiosa pero escasa produción literaria. En vida publicou dous poemarios, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía última de amor e enfermidade (1995) e, xa morto, en 1996, apareceu Poemas para unha Loia, que inclúe o ensaio Modesta proposición para renunciar a facer xirar a roda hidráulica dunha cíclica historia universal da infamia. A revista Luzes de Galiza publicou en 1997 os oito primeiros capítulos dunha novela que deixou inconclusa, Náufragos do Paraíso.

"Poderíase dicir que Conversa ultramarina é o prólogo de Poesía última de amor e enfermidade, a derradeira e máis completa autopoética de Lois Pereiro. Nela pódense rastrexar todos os seus referentes artísticos e vivenciais, de xeito que, ademais do seu valor literario, evidente e inmediato, o texto revélase coma un laboratorio no que o poeta experimenta en prosa cos materiais que conforman os seus derradeiros poemas", afirma Hugo Martínez, responsable da edición.

"Non hai que esquecer -engade- que a Conversa ultramarina se inclúe no período máis fructífero da vida creativa de Lois Pereiro, no que escribe a maior parte dos poemas de Poesía última de amor e enfermidade e traballa tamén na súa Modesta proposición.... Polo tanto, as súas páxinas dan conta deste estado de efervescencia creadora dunha persoa consciente de que a vida lle deu unha segunda oportunidade, pero tamén do inestábel deste renacer".

"Estas páxinas revelan unha persoa que se quere reconciliar coa vida, despois dos ataques que sufría a súa saúde. É unha persoa que só pensa en amar, nesa 'furia amorosa' que lle coñecía ben, e ao mesmo tempo que ama tamén lle fala á morte ás claras, sinala Francisco Macías, director de Positivas e primeiro editor da obra de Lois Pereiro.

Pereiro escribiu Conversa ultramarina entre os meses de marzo e xuño de 1995. É unha longa carta mecanografada, concibida como un diario, e está dividida en dúas partes. A primeira foi enviada a Piedad R. Cabo, a San Francisco, onde facía un curso de inglés, e abrangue do 15 de marzo ao 18 de abril. A segunda, do 19 de abril ao 13 de xuño, foi enviada ao enderezo compostelán da destinataria, xa de volta en Galicia, o 15 de xuño. O primeiro dos envíos está introducido por unha carta manuscrita coa dedicatoria "Para P., de su poeta habitual".

"É probábel que este texto fora concibido por Lois Pereiro pensando nunha ulterior publicación; de feito, el mesmo fai referencia ao traballo de reescritura das notas que tomaba día a día nun caderno", sinala Hugo Martínez na nota á edición.

Macías non o dubida: "Creo que está claro que quería que se publicasen, pois incluso escribe unha nota que di: 'Propiedad de Piedad R. Cabo. Impublicable e irreproducible, a menos que el beneficio que ello le reporte le sirva para comer un sándwich en Chinatown'. Ademais, Lois estrutura a Conversa en dúas partes, e mesmo lle escribe un prólogo a cada parte. É evidente, por estas cuestións formais, que escribiu coa posibilidade de publicalo".

O responsable da edición optou por "deixar que o texto discorrera en liberdade": "É un diario dun poeta e, como tal, non busca axustarse ás normas da máxima corrección, senón que dá prioridade á comunicación e á expresión dun estilo", explica, e, no tocante á linguaxe, limitouse "á procura e uniformización das incoherencias lingüísticas que percorren o manuscrito, facendo o posíbel por conservar a voz poética de Pereiro".

Ao respeito da diversidade lingüística, Macías mantén que é algo "aleatorio e non responde a unha lóxica coherente". En palabras de Martínez, é froito "dunha especie de patrón vivencial": "Piedad é castelanfalante e a relación entre ambos sempre foi en castelán, como aconteceu coa maioría das súas amizades más cercanas. Por iso as entradas nas que a voz de Lois se dirixe aos demáis adoitan estar escritas en castelán, como as dúas cartas manuscritas".

"O galego, que é a lingua persoal de Lois, é tamén a lingua que emprega para falar da súa intimidade e reproducir as súas reflexións, o seu diálogo consigo mesmo e coa súa obra", engade o responsable da edición, que destaca "os momentos nos que os dous idiomas mistúranse, interfírense e marcan as transicións entre un estado e outro, entre un Lois Pereiro aberto ao mundo dos seus e un poeta en plena efervescencia creadora".

Cando non podo estar con quen amo, intento amar a quen está comigo. Non sei se está ben, e non sei se está mal, pero así, de momento, non vou perdendo altura e me manteño nas alturas. (Xa sabes: tentativa de salvamento. Absurdo). Como un globo aerostático que ten que tirar lastre para manterse no alto, non debo adquirir nada que me sobre. É unha cuestión de osíxeno, pero non me importa recibir todo o que me ofrezan se é importante: uns metros máis ou menos.

Tal vez sexa o contrario, e o certo é que pouco a pouco vou amando máis persoas que antes, e as que xa amaba as amo con máis xenerosidade e están sempre comigo.

En realidade, todo é unha confusión atroz. Pero estou satisfeito de min mesmo.

6-4-95 (02.30 AM)

My Dear P.:

This is not a new and simple declaración of my love. Sería absurdo, aburriría a Cristo, después de tantas otras en todos los idiomas, de otros y otras en todos los lugares del mundo, pronunciadas por muertos y por vivos.

Esto es muy diferente.

No puede ser ya una declaración marcada por el tiempo o el espacio. Hemos sobrepasado la barrera de esa "duración" de que habla Handke, porque en el fango de todas las nostalgias, visiones, contaminación mutua, imágenes creadas y compartidas, sin ruido y sin furia en que estamos metidos hasta el cuello, eso que otros llaman amor no es suficiente: como una sentencia cumplida hace ya tiempo. Todo lo que alguna vez fue nuestro no puede existir más que en nuestra sangre que sigue su camino guiada por las venas de cada uno entremezcladas sólo en el cerebro. No somos siameses, pero tú tienes mi alma y yo la tuya, sin que sepamos nosotros cómo y cuándo. Y el mundo vive ahí fuera con sus turbulencias sin afectar seriamente a las nuestras. Cruzadas las barreras, superados los límites, olvidados los años, desde playas desiertas en Bretaña, desde hoteles ambiguos, desde el silencio que no necesita de más palabras que las que casi nunca se pronuncian, de miradas que nunca significan algo distinto a la luz que las baña, en innumerables sueños cruzados, en el contacto leve que a veces queremos permitirnos, el mundo sigue girando indignado con nuestra indiferencia.

Tu ausencia o tu presencia sólo altera mi vida o mis deseos pero no podría interrumpir ni un solo instante una conversación continua que invade mi cerebro y forma mi memoria, aunque esa ausencia llegase a ser eterna.

Lo que fuimos o lo que somos va camino de ser intenso y duro, indefinible pero sin duda eterno, que es lo que dura la vida de un hombre que no se resigna aunque la muerte lo espere.

La verdadera duración del Tiempo es algo que un simple amor no puede concebir entre sus márgenes, no es capaz de acoger en sus entrañas tanta imagen vivida, tan pocas palabras para decir tanto, ritos y gritos sin alzar la voz como los que tú y yo llegamos a crear, juntos o separados, da lo mismo.

Este será el poema prometido en el lecho de mi resurrección o pacto con el diablo, ¿quién lo sabe? Pero no sería el último aunque las manos se me volviesen en ramas secas o el cerebro una ciénaga.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook