Arte e moda
m.mato
Se hai uns premios que recoñecen o mellor da cultura e ciencia de todo o Estado español estes son os Premios Nacionais do Goberno. Neste 2023, Galicia acadou sete, un ano excepcional. Premiada resultou Yolanda Castaño que se fixo co de Poesía pola obra Materia; e o compositor Eduardo Soutullo recibiu o de Música por El lamento de los girasoles. Destacado foi o Premio Nacional de Literatura Dramática para Paula Carballeira pola obra As alumnas. Felipe Criado, director do Instituto de Ciencias do Patrimonio, recibiu o Premio Nacional de Investigación do Ministerio de Ciencia. Ricardo Cao, elixido reitor da Universidade da Coruña, recibiu o Premio Nacional de Estatística, que concede o INE. Pola súa parte, o cesteiro de Pazos de Borbén Álvaro M. Leiro recibiu o Nacional de Artesanía, mentres que Inés RIR, de Allariz, conseguiu o Nacional na categoría de Producto. Ademais, a Fundación Artesanía de Galicia conseguiu outro polo encontro Corazón de la Artesanía en Agolada.
Dous artistas galegos, Lúa Gándara e David Fidalgo, foron galardoados na feira de arte contemporáneo de ARCO en Madrid este ano. Na Mercedes Benz Fashion Week houbo tres premios para Galicia: ás deseñadoras Amara Caruncho e Sabela Juncal e á modelo ourensana Lorena Guitián.
- Ya hay fecha de boda en Pasapalabra: 'Será el 21 de junio, no queda nada
- El restaurante de A Coruña en el que puedes comer hasta reventar por 13 euros: 2 platos, postre y bebida incluída
- Esta ruta de senderismo en el corazón de Galicia: mucho verde, árboles centenarios y puentes a menos de 2 horas de A Coruña
- Así empezó Zara: las primeras dependientas reviven la tienda donde nació el imperio
- Xunta y Concello de A Coruña postergan la negociación sobre la terminal de bus a abrir la intermodal
- Y Moncho volvió al Lautrec
- Así es el armario de Ikea que conquista a los clientes por práctico y por su precio: solo 15 euros
- 0-6 | Vendaval blanquiazul en Tenerife