Sanidade vacina aos nenos que compartían aula co neno falecido por meninxite
Na galescola hai 97 nenos de ata tres anos, sete deles compartían a aula coa vítima.
EFE
A Consellería de Sanidade puxo en marcha o protocolo de actuación contra a meninxite, vacinando os nenos que compartían aula na galescola co bebé dun ano falecido onte tras sufrir meninxite B, informou un voceiro deste departamento.
Un responsable da Consellería trasladouse esta mañá a Boiro para reunirse cos pais dos alumnos, que se atopan alarmados tralo ocorrido.
O bebé perdeu a vida no Hospital Clínico de Santiago a onde fora trasladado, tras serlle diagnosticado un caso de meninxite b.
Na galescola hai 97 nenos de ata tres anos, sete deles compartían a aula coa vítima.
O alcalde, Xose Deira, recoñeceu que o neno "a semana anterior xa estaba mal, e foi trasladado ao Hospital Comarcal do Barbanza, pero non evolucionaba e levárono onte ao Clínico pero morreu de forma fulminante".
Ás once chegou a Boiro Julio Garcia, xefe do Servizo de Promoción de Saúde da Delegación de Sanidade na Coruña, quen se reniu coa responsable da galescola e os pais para transmitirlle tranquilidade e explicarlle o proceso que deben seguir.
"Este caso non ten porque repetirse, xa que os nenos que estaban máis en contacto coa vítima foron sometidos a quimioprofilaxe e os demais están controlados, de haber algún síntoma tamén serán tratados, non é fácil contraer esta doenza, pero entendo a preocupación dos pais" sinalou García.
O bebé permaneceu no edificio dos servizos funerarios de Boiro ata as tres e media da tarde e posteriormente foi enterrado no cemiterio parroquial.
A galescola pechou as súas portas ás tres da tarde, pero mañá continuará as clases con normalidade.
- Roberto Leal detiene Pasapalabra para anunciar la feliz noticia: 'Momento muy importante
- El solidario y aplaudido gesto tras ganar el millonario bote en Pasapalabra: 'A Hacienda para fomentar la sanidad pública”
- Esta es la profesión real de Manu fuera de Pasapalabra
- Eddahchouri, dado de alta tras caer a las rocas en el paseo de A Coruña desde seis metros de altura
- «Hay que hablar del ‘chemsex’ desde la empatía, no desde el estigma»
- BiciCoruña suspende el abono a cuatro usuarios al día por uso indebido del servicio
- Colesterol alto: los alimentos que debes eliminar y los mejores para controlar los niveles
- Manos con artritis: señales de alerta, diagnóstico y cómo escapar del dolor crónico