Ademais dos escenarios, os libros de Vidal Bolaño e sobre a súa vida e obra poderán desfrutarse no entorno natural deste tipo de formato: as bibliotecas. Aínda que o prato forte se desenvolverá na Biblioteca da Cidade da Cultura, a de cabeceira do sistema galego, as súas homólogas nodais situadas nas vilas galegas da Coruña, Vigo,Pontevedra, Lugo e Ourense tamén contribuirán a extender e a difundir a figura do dramaturgo ao longo de todo o mes de maio a través de mostras bibliográficas dos fondos do autor e de guías de lectura para os usuarios e con actos específicos.

Na Biblioteca deseñada por Peter Eisenman para o Gaiás, en Santiago, o día da gran cita será o propio 17 de maio, data na que a Consellería de Cultura ofrece aos que desexen acudir un programa dobre. Nunha primeira parte, o protagonista será o actor Manuel Manquiña -quen tamén conta cun papel destacado en Días sen gloria-, quen se encargará de facer unha intervención sobre textos do escritor compostelano.

Despois, o departamento que dirixe Jesús Vázquez lembrará á sempre homenaxeada no Día das Letras Galegas, Rosalía de Castro, pola publicación do seu libro Cantares gallegos. Nesta segunda sesión, tomará o relevo o grupo Resonet, que ofrecerá un concerto inspirado en poemas da escritora.

O conselleiro Jesús Vázquez xustifica a apuesta do departamento de Cultura asegurando que Bolaño foi para o teatro o que Lois Pereiro para a poesía: "Un innovador esencial, un punto e á parte que marca un novo xeito de abordar un xénero e unha profesión".