20 de febrero de 2014
20.02.2014

Uns 40 poetas reinterpretan os versos de Rosalía de Castro

A Fundación publica un libro-disco cos novos poemas basados en 'Cantares Gallegos'

20.02.2014 | 00:00

O círculo aberto o pasado ano para conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro está a piques de pecharse. O vindeiro luns, día 24, o Día de Rosalía, con motivo do aniversario do nacemento da nai das Letras Galegas, presentarase na Fundación que leva o nome da autora un libro-disco que acolle as composicións líricas inéditas dun total de 36 poetas da terra.

A inspiración dos devanditos versos que aparecerán na obra De Cantares hoxe. Os Cantares gallegos de Rosalía de Castro no século XXI, xorde do poemario publicado no 1863. Desde a Fundación, explican que se trata "dun experimento literario" que consistiu en convidar a 36 creadores literarios para que "reinterpretaran" un poema de Rosalía en Cantares gallegos. Os poetas tiveron que respetar a estrutura do antigo poemario pero adaptar a composición dos versos ó século XXI.

Os poemas resultantes serán editados a raíz dun acordo entre a Fundación Rosalía de Castro e a Radio Galega. Precisamente, o vindeiro luns, esta cadea radiofónica ofertará un programa especial no Diario Cultural. Esta emisión gravarase na Casa-Museo a partir das sete da tarde.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.