Crear un espazo en Londres no que poder visionar cinema galego á vez que se promociona o audiovisual creado por autores de Galicia ben na súa terra natal ou ben nos destinos onde tiveron que emigrar para buscarse un futuro laboral. Estos son os obxetivos do Galicia Film Forum, unha iniciativa promovida por un grupo de xóvenes galegos emigrados en Reino Unido coa que, de forma periódica, emitiránse filmes galegos na universidade King's College London. O proxecto arrancará o vindeiro 20 de marzo coa proxección da película Encallados, de Alfonso Zarauza, e das curtometraxes Curricán e 1977 de Álvaro Gago e Peque Varela, respectivamente.

A idea xurdiu a través do grupo de Facebook Galegos morriñentos en Londres, que conta con mais de 1.700 seguidores. Desde alí xuntáronse preto dunha decena de emigrantes -todos chegaron a Inglaterra nos últimos catro anos- interesados na cultura autóctona. "A idea era crear un espazo de cine galego en Londres, dirixido tanto os emigrantes que queremos ver películas galegas coma os británicos. Todo para dinamizar a cultura que fai a comunidade galega tanto desde España como xente que traballa nas industriais culturais en Londres, por exemplo", sinala un dos promotores do Galicia Film Forum Duarte Romero.

Pero os que acudan ás quedadas cinéfilas de este grupo de galegos no só disfrutarán da película. Tras a proxección dos filmes haberá un debate no que participarán os directores e parte do reparto das ficcións ou documentais emitidos. No seu estreo, Galicia Films Forum emitirá Encallados e tanto o seu director Alfonso Zarauza como parte dos actores conectarán por videoconferencia con Londres para poder atender as preguntas dos asistentes. Ademais de forma presencial participarán no encontro a ferrolana Peque Varela -directora de 1977- e Álvaro Gago, autor de Curricán. Ambos traballan no mundo do audiovisual desde Londres.

Duarte Romero explica que, na actualidade, non hai ningunha entidade ou asociación en Londres que aposte por emitir cine galego de forma periódica. "O noso obxectivo é ter continuidade, todo dependerá do éxito que teñamos o 20 de marzo", recoñece este xove, quen asegura que están a facer enquisas a través das redes sociais para ver qué películas demanda a xente. O cine galego ten desde agora unha nova fiestra para chegar a máis persoas. A cita será ás 18.30 horas no King's College London.