A Xunta convoca a terceira edición do Premio de Poesía Gonzalo López Abente
Os aspirantes poden presentar os seus orixinais ata o 27 de abril - A Secretaría Xeral de Cultura e a fundación que leva o nome do autor colaboran neste certame
Redacción | a coruña
A Fundación Gonzalo López Abente, coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, convoca o III Premio de Poesía Gonzalo López Abente en lingua galega para o que xa está aberto ata o 27 de abril o prazo de entrega dos escritos. A este certame literario poderán concorrer autores e autoras de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega. Os textos presentados deben ser inéditos, condición que se estende ao soporte dixital, e non poderán estar premiados en ningún outro concurso de poesía. A súa extensión non deberá ser menor de 400 versos e de cada cada orixinal enviarase en sobre pechado sen remite con catro copias en papel, mecanografadas a dobre espazo e encadernadas ou grampadas á sede da fundación indicando no sobre: III Premio de Poesía Gonzalo López Abente. Os orixinais mandaranse baixo lema e xunto coas copias achegarase un sobre pechado, identificado co mesmo lema, que conterá o nome e os apelidos do autor ou autora, o enderezo postal, o número de teléfono e o enderezo electrónico.
Tres poetas de recoñecido prestixio no ámbito da literatura galega formarán parte do xurado para elixir ao gañador e como secretario actuará un representante da fundación. O vencedor levará un premio de 2.000 euros e unha peza escultórica conmemorativa. A obra premiada será propiedade do seu autor ou autora, agás a primeira edición, que será publicada por Edicións Xerais de Galicia. En posteriores edicións, ao igual que na primeira, farase constar a condición de premiada no III Premio de Poesía Gonzalo López Abente. O premio tamén poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o estime e a decisión será inapelable. E no caso dos orixinais non galardoados poderán ser recollidos na sede da fundación, previa solicitude, no prazo dun mes.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Gonzalo López Abente puxeron en marcha en 2012 este certame literario en homenaxe ao escritor de Muxía, cando se cumprían os 50 anos do seu pasamento. Este ano celebrarase a súa terceira edición que naceu co desexo de alentar a creación poética en galego e de contribuír, deste xeito, a afianzar o sistema literario na lingua propia de Galicia. A organización que leva o nome do autor muxián pretende con este certame axudar a dar difusión á súa obra.
Gonzalo López Abente naceu en Muxía en 1878 e morreu na mesma localidade en 1963. Foi un escritor esencial para a literatura e a cultura galega na primeira metade do século XX. Entre os feitos que destacan na súa vida compre citar a súa participación activa nas Irmandades da Fala dende a súa fundación en 1916. Editado en 1918, o seu libro Alento da Raza foi un dos referentes da poesía patriótica. En 1922 formou con Vicente Risco e Castelao a Irmandade Nacionalista Galega e catro anos despois entrou no Seminario de Estudos Galegos. Por outra parte, en 1931 apoiou a constitución do Partido Galeguista, e no ano 1936 participou en mitins a favor do Estatuto de Autonomía. Foi o primeiro presidente da Asociación de Escritores de Galicia, que se constituiu en Compostela o 30 de marzo de 1936 e en 1941 entrou a formar parte da Real Academia Galega, en cuio acto de ingreso tivo a valentía de ler en lingua galega o seu discurso titulado A Terra e a poesía de Eduardo Pondal.
Co Premio de Poesía Gonzalo López Abente, a fundación busca fomentar ademais a produción de obra poética en lingua galega, que na súa opinión, pasa por "momentos case de clandestinidade por mor das escasas publicacións de poesía que se realizan, a pesar de ser este un xénero esencial para a cultura galega".
- Qué es el mieloma múltiple, el cáncer incurable que sufría el presentador de TVG Xosé Manuel Piñeiro
- Así serán las bajas médicas a partir de 2025: Un nuevo sistema que evaluará la situación de cada trabajador
- Arantxa del Sol, exconcursante de 'Supervivientes', ficha como colaboradora por este programa de TVE
- La DGT activa un nuevo radar en una carretera que une Oleiros, Cambre y Abegondo
- Yeremay pacta con el Deportivo no irse en enero: hay mejora de contrato y subida de cláusula
- Ikea recupera la estantería para el baño que arrasa entre los jóvenes: menos de 6 euros y se monta sin obra, ni agujeros
- Así es el plan de mercado del Deportivo sin Lucas: recuperar a Rubén, un ariete y un lateral izquierdo
- Diego Gómez vuelve al Deportivo