17 de mayo de 2015
17.05.2015
O estudo da lingua galega fóra da comunidade

O galego espállase polo mundo

Máis de 3.000 alumnos de fóra da comunidade estudan lingua galega ou algunha materia neste idioma - Hai clases de galego en 34 universidades de catorce países como EEUU, Croacia, Rusia ou Italia

17.05.2015 | 01:15
Un rapaz escribe en galego no encerado da súa clase.

As vocais abertas e pechadas, a colocación do artigo ou o uso do 'te' e do 'che' non son ningún misterio para centos de alumnos de países tan dispares como EEUU, Rusia, Croacia, Italia, Polonia ou Brasil que cursan a asignatura de galego nalgunha das 34 universidades de todo o mundo que ofrecen esta materia aos seus alumnos. Ademais, fóra da comunidade, pero sen saír de España, hai unha vintena de colexios de ensino obrigatorio que inclúen esta materia. En total, máis de 3.000 alumnos de fóra de Galicia aprenden galego á vez que coñecen e se adentran na cultura, tradicións ou mesmo na gastronomía da comunidade galega. A maioría son universitarios que estudan filoloxía e que non coñecían nada de Galicia ata matricularse na asignatura

A lingua galega nas aulas non é algo exclusivo de Galicia. Un total de 34 universidades de catorce países diferentes -Croacia, EEUU, Reino Unido ou Italia, entre outros- ofrecen a posibilidade de matricularse na asignatura de galego e aprender os segredos desta lingua á vez que se coñece a cultura e tradicións dunha terra que moitos nin sequera ubicaban no mapa cando chegaron á primeira clase. A eles hai que sumar outra vintena de centros de Primaria e Secundaria de fóra da comunidade que inclúen no seu currículo a materia de galego ou que imparten outras asignaturas nesta lingua. En total, aproximadamente uns 3.048 alumnos de máis aló do Bierzo estudan galego este curso, según os datos facilitados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Vivir en Alemaña, Hungría, Finlandia, Polonia, Portugal ou mesmo Rusia non é un impedimento para poder aprender e practicar o galego na universidade. A mellor difusión da lingua galega no exterior chega da man dos Centros de Estudos Galegos dos campus, nos que adoita haber lectores, profesores galegos que axudan a dar as clases, dirixidos principalmente ós estudantes de algunha filoloxía aínda que abertos ó resto do alumnado de grao. Trátase xeralmente dunha materia optativa que escollen moitos estudantes que tamén cursan español.

Os profesores que imparten clases nestes departamentos aseguran que apenas hai fillos de emigrantes e que, na maioría dos casos, pouco sabían do galego antes de matricularse. "O 100% dos estudantes son británicos e a maior parte descoñecían totalmente a existencia do galego antes de chegar á carreira", sinala Diego Pardo Amado, lector no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Oxford. "Para moitos éste é o seu primeiro contacto coa cultura galega. Escollen a materia por recomendación doutros estudantes, polo seu interese nas linguas minoritarias ou porque estudan español e queren coñecer unha das linguas cooficiais de España", engade María Pardo Vuelta, lectora de galego na Universidade de Padua (Italia).

Eso si, non todos chegan a cegas ás clases de galego. Son moitos os que se animan a aprender a falar e escribir correctamente nesta lingua tras vir de turismo a Galicia ou facer un Erasmus nesta terra. "Poucas veces estudan esta materia porque teñan algún contacto familiar con Galicia, pero si se dan casos de rapaces que estiveran algún vez alí. Este curso temos unha estudante que aprendeu galego durante un Erasmus en Santiago e veu a estudar o seu mestrado a Padua precisamente pola existencia do Centro de Estudos Galegos", sinala María Pardo. Unha opinión na que coincide Diego. "Temos un alumno de Belfast que o ano pasado viaxou a Santiago e comenzou a aprender galego no verán. Descubriu a nosa lingua e se decatou de que se sentía más cómodo falando galego que castelán", resalta.

Pese a tratarse dunha asignatura para aprender o idioma, as clases de galego en universidades extranxeiras -e tamén en facultades españolas do País Vasco, Andalucía, Extremadura ou Cataluña- van máis aló da cuestión lingüística. Actividades relacionadas coa música, a literatura, a gastronomía, o teatro ou o cine son algo habitual nestes Centros de Estudos Galegos. "Estas actividades ábrense a toda a comunidade universitaria e permiten que moitas persoas teñan o seu primeiro contacto con Galicia que doutro xeito dificilmente se produciría", sinalan dende a Universidade de Oxford, onde esta misma semana se visionaron tres curtametraxes de Álvaro Gago e os alumnos poideron charlar co cineasta galego. "A nosa misión é facer chegar non só a lingua senón tamén a cultura galega aos nosos estudantes", engaden na Universidade de Padua.

Os lectores consultados recoñecen que o galego non supón unha grande dificultade para os nados tanto en Reino Unido coma en Italia que deciden coller os libros para aprendelo. "Adoitan ter facilidade porque, por regra xeral, dominan xa dúas linguas romances, xeralmente español, portugués ou frances. Ademais o galego e o inglés comparten moitas características comúns e iso axuda á súa aprendizaxe aínda que os estudantes de linguas non romances na carreira amosan máis dificultades", explica Diego Pardo. "Á marxe dalgúns falsos amigos, en xeral o vocabulario galego aseméllase bastante ó italiano, o que ten a vantaxe de poder comezar a ler literatura na lingua orixinal case desde o principio", explica María Pardo.

Na actualidade é posible aprender galego ou estudar literatura galega en dúas universidades americanas -de Brasil e Estados Unidos- e 32 europeas, en Alemaña, Croacia, España, Portugal, Finlandia, Francia, Hungría, Italia, Irlanda, Rusia, Reino Unido e Polonia. Para os que traballan nestes departamentos, esta é a mellor fórmula para que o galego se coñeza fora da península Ibérica. "É un xeito moi intelixente de dar a coñecer o galego no exterior. Hai persoas que nos sitúan no mapa por primeira vez e que despois de entrar en contacto coa cultura galega, viaxan periodicamente a Galicia para coñecela mellor", explica Diego Pardo, dende Oxford. "O ensino internacional do galego ten unha importancia crucial na normalización da nosa lingua", sinala María Pardo, en Padua.

Ambos ademais teñen moi claro o problema de que a cifra de mozos galegofalantes en Galicia cae cada ano. "Non é o único factor, pero a causa máis importante débese a que os nosos gobernantes non apostaron de verdade, con seriedade e rigor por un programa de promoción e recuperación do galego. Quen debía prestixiar o idioma non o fixo de forma eficiente", sinala Diego. Dende Padua comparten esta tese. "O retroceso de galegofalantes débese a unha política lingüística pouco eficaz para loitar contra a situación de diglosia que afecta á nosa lingua dende hai xeracións", sinalan. Mentres en Galicia segue a polémica sobre o número axeitado de materias que hai que impatir en galego, a lingua galega segue a espallarse por universidades de todo o mundo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Día Mundial del Agua

2030: agua potable y saneamiento para todos

gema carrascoFirma BeContent

Es importante recordar la importancia de gestionar de forma eficiente el agua para garantizar un futuro sostenible para todos, sin dejar a nadie atrás


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.