10 de diciembre de 2016
10.12.2016

O galego, en aulas de todo o mundo

Case 2.000 alumnos, de Infantil a Bacharelato, estudan a lingua galega en centros de Castela e León, Cataluña, Londres, Arxentina ou Venezuela. Este idioma ensínase en 35 facultades de quince países de América e Europa

10.12.2016 | 01:27

Estudan en colexios de Londres, Barcelona, Caracas ou Sanabria, pero o galego é unha asignatura máis do seu currículo académico. Preto de 2.000 alumnos de fóra de Galicia, de Infantil a Bacharelato, aprenden lingua galega ou teñen materias neste idioma, gracias a varios convenios da Xunta. Na maioría dos centros o ensino vai más aló de dar a gramática ou a fonética do idioma xa que organizan todo tipo de actividades para dar a coñecer a cultura, costumes e historia de Galicia. A estes alumnos hai que sumar os universitarios que tamén teñen a opción de aprender a lingua galega nalgunhas das 35 facultades de quince países que ofertan esta materia. Pode estudiarse en nove campus españois, pero tamén en Rusia, EEUU, Brasil, Hungría ou Finlandia

Aprender e falar galego non é algo exclusivo das aulas da comunidade. Preto de 2.000 alumnos de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato de fóra de Galicia estudan este idioma no colexio pese a que moitos deles nunca puxeron un pé en territorio galego. A meirande parte o fai en Castela e León -onde a Xunta ten convenios con centros das provincias de León e Zamora-, pero tamén hay galegofalantes en centros de Cataluña, Londres, Arxentina ou Venezuela. A eles hai que sumar os universitarios que escollen o galego coma asignatura nalgunha das 35 facultades que ofertan este idioma no currículo en quince países coma Italia, Brasil, EEUU, Finlandia, Suiza ou Hungría.

Na etapa preuniversitaria, Castela e León aglutina a maioría dos alumnos que aprenden galego na escola. Unha colaboración entre os Gobernos autonómicos de ambas comunidades permite que desde o 2001 os rapaces que o desexen reciban algunhas asignaturas en lingua galega -Comunicación e representación en Infantil, Ciencias Sociais en Primaria ou Historia en Secundaria- ou ben se matriculen en Lingua e Cultura Galega na ESO ou Bacharelato. "Na actualidade hai 17 centros educativos, trece de Infantil e Primaria e catro institutos no programa", explican desde Política Lingüística, onde precisan que os colexios se ubican nas zonas limítrofes coa comunidade das comarcas do Bierzo e Sanabria.

A nivel estatal, Cataluña foi pioneira en ofertar o galego como asignatura aos estudiantes de ESO xa que o bautizado como proxecto Galauda botou a andar no ano 1999. Desde Política Lingüística, onde non precisan os alumnos matriculados este ano, explican que varios institutos ofrecen a posibilidades de aprender galego coma segunda lingua moderna. Ademais dentro do programa Galauda realízanse materiais para facilitar a aprendizaxe de este idioma e organízanse viaxes anuais dos alumnos a comunidade galega.

Pero non so os rapaces españois teñen a oportunidade de iniciarse no uso do galego. Hai xa un cuarto de século que o Instituto Español Vicente Cañada Blanch de Londres imparte clases de galego tanto en Primaria -neste caso é unha actividade extraescolar- coma en Secundaria. Neste curso hai 80 rapaces matriculados. Pero a labor de este centro vai moito más aló de simplemente ensinar a gramática e fonética do idioma. Cada ano organizan visitas de galegos que destacan en diferentes disciplinas para achegar o traballo da xente da comunidade no mundo e realizan múltiples actividades para coñecer as costumes e cultura galegas que culminan cunha viaxe anual a comunidade galega.

A gran vinculación de Galicia con Latinoamérica fai que o idioma propio da comunidade tamén se aprenda en centros de Arxentina ou Venezuela. É o caso do Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires no que 550 alumnos estudian esta lingua que se ofrece desde os 3 anos. Ademáis poden estudiar Literatura e Historia de Galicia. A materia de Lingua Galega tamén se imparte no Colexio Castelao da Hermandad Gallega de Caracas, donde están matriculados 300 alumnos.

A todos eles hai que sumar aos universitarios que reciben clase de galego en 35 facultades de todo o mundo. Existe esta posibilidade en nove universidades españolas, catro alemanas e brasileñas, pero tamén en Rusia, Polonia, Francia, Portugal, Reino Unido ou Croacia.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.