O Centro Galego da Universidade de Helsinki botou a andar a principios dos anos 90 e este curso conta con sete alumnos matriculados. "A maioría adoitan ser estudantes de filoloxía hispánica ou portuguesa que precisan coñecer outro idioma da península ibérica. Tamén hai alumnos doutras linguas románicas ou de filoloxía finoúgrica que optan polo galego porque se interesan polas linguas minoritarias en xeral", explica o responsable do centro, Santeri Siimes, quen recoñece que pode haber outras motivacións. "O ano pasado houbo dos alumnos con causas persoais porque un tiña unha moza galega e outro o xenro e tamén hai que estudia galego porque vai facer o Camiño de Santiago", sostén.

Recoñece que "moitos non saben nada de Galicia" cando se matriculan e que esta lingua coma as románicas "é difícil en xeral para os finlandeses" polas diferencias coa seu idioma natal. "O uso dos artigos, o subxuntivo ou o emprego dos tempos en pasado (algo que non hai no finés) é o mais complicado para eles", explica.