O sentir de Portosín protagoniza hoxe o programa da TVG 'Ribeiras do salitre'
O espazo da canle autonómica que dirixe e presenta X. H. Rivadulla Corcón visitará a confraría da localidade coruñesa e dará a coñecer a cociña de a bordo e a súa música

Un momento do programa de hoxe. / tvg
Redacción | a coruña
Portosín sae ao mar cun aquel de vento positivo, respírase nesta ribeira un sentir optimista. A súa confraría ten douscentos asociados, e trátase dun porto maioritariamente cerqueiro, con vinte e tres embarcación nas que se traballa esta arte. Pero tamén se traballan outras como a nasa coa que faena Xerardo Vázquez, mariñeiro concienciado na necesidade de coidar o mar. Xerardo ten claro que se non se traballa o mar dun xeito racional acabará esgotándose, e por tanto a explotación do recurso mariño ten que facerse permitindo ás especies ir criando e por tanto aumentando as poboacións.
Patrón do cerco é Abel Carreño, que herdou, por decisión propia, o oficio, o barco e a tripulación do seu pai. É un patrón moi novo, ten só 30 anos, pero aprendeu ben o oficio co seu pai e hoxe manda o cerqueiro como se levara toda unha vida no mar, e o que é moi importante gañándose o respecto dos mariñeiros que leva a bordo.
E xa entrados en faena no oficio do cerco bo será xantar a bordo do barco unhas sardiñas preparadas por Isaac Gaciño, na cociña dun barco cerqueiro. É tamén un mariñeiro novo, pero con experiencia porque empezou moi novo, traballa o oficio do cerco e ademais e o encargado da cociña do barco. Preparará un guiso de sardiñas que permitirá certificar certificar que os mariñeiros teñen a sorte de ter un bo cociñeiro a bordo.
A música resoará no porto co dúo Togayán, con Brais e Tomé. Son pai e fillo que se dedican profesionalmente a música, e nesta ocasión van cantar as cancións Quixera ser e "unha noite na eira do trigo", ambas nas versións que fixeron delas o grupo Os Tamara. Estas son algunhas das historias que o programa da TVG Ribeiras do salitre dirigido por X. H. Rivadulla, contará hoxe a partir de das 15.45 horas.
- Denis Genreau: «Mi padre se emocionó mucho cuando le dije que el Deportivo estaba interesado en mí»
- Abanca y Caixa Rural tendrán que devolver dinero sustraído a clientes gallegos víctimas estafas por 'phishing
- Uno de los futbolistas españoles del momento desvela su sentimiento por el Deportivo: 'En casa había un amor total
- Rey: «Igual que no hay una carnicería en el cuarto izquierda, no puede haber un piso turístico»
- Aprobado el estudio de detalle para la construcción de 25 pisos en O Repicho
- Rubén Fernández, en la estela de Kevin Sánchez y Martín Ochoa: 'Huele el gol
- A Tobeira de Oza: A librería de vello da Coruña que namora ás redes sociais
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar