'Ribeiras de salitre' viaxa hoxe ata o porto coruñés de Camariñas
O programa da TVG percorrerá o enclave protexido polo cabo Vilán e o seu faro, onde traballan arredor duns 300 mariñeiros

X. H. Rivadulla Corcón, con Aurora Brión, en Camariñas.
Redacción | a coruña
O programa mariñeiro da Televisión de Galicia (TVG) Ribeiras de Salitre estará hoxe no porto coruñés de Camariñas, un enclave protexido polo inmenso cabo Vilán e o seu faro, onde os 300 mariñeiros asociados á súa confraría traballan a nasa o cerco, o enmalle, o marisqueo a pé e a flote e o percebe.
Nesta zona, o presentador X. H. Rivadulla coñecerá o matrimonio composto por Yaqui Lista e Tono Pasantes, quen saen en parella ao mar. Alí tamén falará con Cristina Fernández, a fareira do Cabo Vilán, unha muller namorada do seu oficio e defensora dos faros debido á súa importancia histórica e actual para a navegación.
O programa terá un espazo reservado para a gastronomía, e neste apartado, María Pose, unha mariscadora retirada, convidará os reporteiros a comer na súa casa polbo encebolado e camaróns. Na sección musical, darán a nota Os Panchos de Jolfendro, que interpretarán no templo de San Xurxo cantigas mariñeiras.
O presentador tamén entrevistará a Estrella Lema, presidenta das mariscadoras de Camariñas, Aurora Brión, palilleira e percebeira, e mais a Lola Bermúdez, patroa maior da confraría do lugar.
A canle autonómica tamén emite hoxe unha nova entrega de Grandes Lugares, na que os reporteiros farán un percorrido por Santo Tomé de Lourenzá e pola parroquia de Verdes, no concello de Coristanco.
Santo Tomé de Lourenzá é unha parroquia da comarca luguesa da Mariña Central moi coñecida polas súas afamadas fabas. Esta terra é produtiva e moi rica, xa que se dá de todo. Neste programa, os reporteiros irán apañar fabas con Roberto, un dos grandes productores da comarca, e tamén coñecerán a Francisca, mestra fabeira que foi pioneira no cultivo desta variedade de feixón. Os espectadores tamén poderán aprender a debullar as fabas, unha tarefa na que participa toda a familia, e verán como os reporteiros soben ata a torre da fortaleza de Tovar con José, o dono do pazo.
Pola súa banda, Verdes é unha parroquia do concello coruñés de Coristanco, na comarca de Bergantiños. É unha terra de millo e de boas patacas e está incluída na indicación xeográfica protexida Pataca de Galicia. Pero Verdes ten moitos máis recursos, e un dos máis salientables é río Anllóns, que move catorce muíños. Neste lugar o equipo do programa amosará un percorrido de sendeirismo pola ruta do colesterol guiada por Paco, o pedáneo. Tamén aprenderá a esfollar o millo e a facer un medeiro, que alí se coñece como picoto, e de paso irá moer o millo ao muíño de José. Para rematar, os veciños do lugar ensinarán aos espectadores o santo da parroquia.
- Las primeras dependientas del Zara de Juan Flórez se despiden de la tienda: «Empezamos a vestir a los niños, después a los niños de los niños y después a los nietos de los niños».
- Los vecinos de Seixo Branco, en Oleiros, obligados a pedir vados para evitar problemas en verano
- Diego Maceiras, dueño del único supermercado de Caión: 'Hemos sobrevivido 50 años gracias al verano
- 1-0 | UD Almería - RC Deportivo, en directo hoy: partido de la Liga Hypermotion en vivo | Descanso
- Una de las familias más ricas de Cataluña, casera de la primera tienda de Zara del mundo, en A Coruña
- La hostelería de A Coruña apuesta por la intermodal: 'Si la zona se revaloriza, queremos ser una de las referencias
- Así está la clasificación de Segunda División: gana el Castellón y al Deportivo se aleja del podio de la LIga Hypermotion
- Luz verde a las demoliciones y reformas de la antigua Alu Ibérica de A Coruña, junto a Marineda, para albergar dos nuevas fábricas