"Quería contar cómo eran os catro últimos días nunha relación de parella porque sempre se contan as rupturas moi brutais ou as reconciliacións, e eu quería centrarme nese momento no que remata unha parella simplemente por hastío, porque xa son moitos anos e acabouse e punto". Lázaro Louzao é o director de Nove de novembro, o primeiro filme de temática gai que se vai rodar na Galiza en galego.

"Ademáis de analizar iso, quería confrontalo cun evento histórico para crear esa dicotomía entre o mundo interno e o externo e como evolucionan paralelamente. Por iso escollín a caída do Muro de Berlín como metáfora da ruptura dos dous protagonistas", explica Louzao, natural de Xove (Lugo), quen afronta con esta cinta a súa primeira longametraxe.

Siga leyendo la noticia en Orbyt, o suscríbase a La Opinión de A Coruña y tenga acceso completo a todas nuestras noticias sin límites.