Anxo Lorenzo e Germán Díaz son dous virtuosos aos que se convidou para que volvesen tocar xuntos despois dunha década. Daquela realizaran poucas actuacións e en locais pequenos. A súa participación vai ser unha presentación en sociedade en toda regra e do antigo repertorio só fica unha peza, polo que será case como contemplar un debut.