O trío presentará o seu único disco, traballo que lograra o beneplácito do xurado, ao se impor na décimo cuarta edición dos PREMIOS OPINIÓN nas categorías de mellor álbum e tema orixinal. Para os músicos tamén será unha ocasión perfecta para dar a coñecer o seu traballo nun teatro nunha noite que concita a atención dos músicos galegos.