A Consellería de Sanidade detectou durante a Semana Santa un total de 558 establecementos de restauración con incumprimentos, dos que o 33% estaban relacionados coas condicións hixiénico-sanitarias dos locais. O departamento da Xunta informou de que, de cara ao verán, reforzará as actividades comúns de control oficial nos establecementos de restauración colectiva. O motivo desta campaña é verificar que estes establecementos cumpren coa normativa vixente e, deste xeito, garantir aos cidadáns o servizo "máis seguro posible".

Durante a campaña de Semana Santa, revisáronse 3.128 establecementos. Os incumprimentos máis frecuentes foron os referidos a as condicións hixiénico sanitarias (33%); ao censado incorrecto no Regasa (31%); á rastrexabilidade do produto (14%); á información proporcionada ao consumido (9%) ou usar envases reenchibles de aceite (8%).