'Pescadores de historias' explorará a relación entre o viño e o mar en Cambados
O espazo da TVG falará con xeracións de fillos e netos de mariñeiros e mariscadoras que traballan hoxe o albariño nesa localidade
Redacción | a coruña
Na súa visita a Cambados, o programa Pescadores de historias da Televisión de Galicia (TVG) asistirá hoxe á fusión de dúas formas de cultura, a mariñeira e a do viño, que dan como resultado un viño cunha notable personalidade propia: o albariño de Cambados. O mar regula o clima, fai que non se produzan contrastes moi bruscos e acaricia a uva para dar lugar a un viño fresco, con pH baixos e con boa evolución en botella. Xeracións de fillos e netos de mariñeiros e mariscadoras traballan hoxe o albariño.
Un deles é o sumiller José Luis Aragunde, que montou unha viñoteca na ribeira de Cambados, seguindo a tradición do seu avó, que foi mariñeiro toda a súa vida, pero que tamén rexentou unha taberna. Co enólogo Cayetano Otero, o espazo da TVG visitará unhas viñas que nacen ao pé do mar e coñecerá como este inflúe nas características do viño albariño.
Fillos de mariscadora son os adegueiros Sonia e Manuel Costa, que falarán da singularidade deste viño e da súa relación co mar. X.H. Rivadulla Corcón tamén falará con Raúl Pérez e José Manuel Méndez, que producen viño baixo o mar. É de momento un proxecto experimental, en que aproveitan unha batea para colocar o viño nunhas gaiolas penduradas das cordas e déixalo alí durante uns meses para que se vaia facendo
Ademais, o equipo de Pescadores de historias tomará un viño con Manolo Baúlo e Javier Lois, dous mariñeiros, xa retirados, que estiveron no mar toda a súa vida e que darán a súa opinión sobre o albariño das Rías Baixas
'Grandes lugares'
Por outra banda, o programa Grandes lugares viaxará esta semana ata o norte da provincia da Coruña, ao concello de Neda, onde os espectadores poderán coñecer aos veciños da parroquia da Mourela. Desde alí, os reporteiros desprazaranse ata terras ourensás para percorrer Santo Estevo de Cambeo. E para rematar este periplo pola Galicia dos grandes lugares, o programa irá á parroquia caldense de Arcos de Furcos.
Ademais, A Revista Fin de Semana asistirá hoxe en directo á II Regata Solar Marine Instruments, que se celebra en Baiona e na que participan 20 equipos de nove colexios de ESO, Bacharelato e FP.
- Jorge Andrade: 'En el Dépor muchos compañeros no se hablaban durante la semana y en las cenas eran los mejores amigos
- Galicia es la segunda comunidad con los niveles más bajos de calidad de vida
- El mayor fondo inmobiliario del mundo en A Coruña: pisos, locales y suelo en Visma y O Castrillón
- La Primitiva deja en A Coruña un premio de más de 1,3 millones de euros: 'Que nos envíe una postal
- Escudero y Yeremay condicionan los fichajes y las pujas del Deportivo en el mercado
- Yeremay, el primer pulso del nuevo Dépor
- El supermercado asiático más grande de A Coruña aterriza en Agrela
- Detectada en aguas de Galicia una nueva especie exótica e invasora de África