O programa Pescadores de historias da Televisión de Galicia (TVG) dará hoxe a coñecer como foi a construcción da ponte da Illa de Arousa, que non se realizou ata o ano 1985. O espazo da TVG comezará falando cos nenos e nenas de quinto curso do colexio de Eduación Infantil e Primaria Torre-Illa, que no ano 2016 realizaron un documental sobre a ponte, o que lles amosou unha realidade habitual para os seus avós, pero descoñecida para eles.

Unha das persoas que máis estudou a historia das reivindicacións da ponte e a súa propia construcción é Genito Otero, empregado de banca hoxe retirado, que contará os cambios que trouxo a ponte para as costumes dos veciños e veciñas da localidade. O programa tamén indagará nas transformacións que supuxo a ponte para o mundo do mar, xa que a Illa ten unha das confrarías con maior número de asociados de Galicia e tamén unha das maiores frotas bateeiras.

O bateeiro Julián García explicará como a ponte lles brindou a posibilidade de poder descargar os mexillóns na propia Illa, xa que antes tiñan que facelo noutros portos pola imposibilidade para o transporte. O equipo de Pescadores de historias falará tamén coa primeira muller que cruzou a ponte antes de que fora inaugurada: Saladina Castro, traballadora dunha conserveira da Illa, que a cruzou cando ía dar a luz, emerxencia que antes se resolvía buscando unha embarcación. Unha veciña moi singular da Illa é Benita García, que foi mariscadora e que contará a enorme ledicia que supuxo para ela a construcción da ponte, aínda que confesará a súa nostalxia da forma de ser da xente antes deste fito.

'Vaia Troula'

Por outra banda, Vaia Troula viaxa ata o concello de Camariñas para vivir toda a emoción das festas do Carme. Alí celebran o día da patroa dos mariñeiros cunha fermosa danza de arcos e cunha espectacular procesión por terra e por mar. O programa, presentado por Nieves Rodríguez, tamén fará un intenso percorrido pola costa galega na procura das mellores celebracións na honra da Virxe do Carme.

Ademais, +Pachanga dedica o espazo de hoxe á orquestra que representa actualmente a chamada "conexión canaria": El Combo dominicano. De maio a outubro, esta agrupación múdase a Galicia, onde a esperan milleiros de fans. O reporteiro Javi Rocha recibe os integrantes do Combo no aeroporto de Lavacolla para pasar con eles unha esgotadora xornada. Xunto a el coñecerase a reponsable de toda a loxística nas súas xiras galedas, a señora Carmencita.

Os integrantes de El Combo tampouco se librarán de pasar pola lupa dos expertos en estilismo na sección Verbena Style.