19 de septiembre de 2017
19.09.2017

Chus Pato ingresará na RAG como membro de número o sábado

A poetisa, sexta muller do plenario, ocupará a cadeira do finado Xosé Fernández Ferreiro

19.09.2017 | 01:08
A poetisa galega Chus Pato.

A poetisa Chus Pato ingresará como membro de número na Real Academia Galega (RAG) o próximo sábado nunha sesión extraordinaria e pública que terá lugar no IES Otero Pedrayo de Ourense, centro educativo do que foi alumna. A escritora, que ocupará a cadeira que quedou vacante tras o pasamento do tamén escritor ourensán Xosé Fernández Ferreiro, lerá na sesión de recepción o discurso titulado Baixo o límite. O académico de número Francisco Fernández Rei será o encargado da resposta en nome da institución.

Coa entrada de Chus Pato na RAG (Ourense, 1955) incorpórase á institución unha das poéticas máis persoais e vangardistas da literatura actual. A súa é unha voz renovadora e rupturista que se caracteriza tamén por un fondo compromiso ético.

Recoñecida internacionalmente, Pato foi traducida ao español, inglés, portugués, serbio, polaco, alemán, italiano ou árabe clásico, entre outros idiomas, e está presente en antoloxías internacionais.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario