01 de octubre de 2017
01.10.2017
Isidro Novo Coordinador de Palabras con Memoria

"Hai termos moi curiosos e detrás de cada palabra hai unha historia"

"De entre todas as recollidas, a miña favorita é a expresión 'ir a gustiño ou a gusto' que quere dicir ir a modiño"

01.10.2017 | 01:59
O escritor Isidro Novo.

O escritor lucense Isidro Novo, autor de obras como Teaza de brétema, O tabú na traslenda ou Un escuro rumor tralo silencio, é o artífice do proxecto Palabras con Memoria da Asociación de Escritores en Lingua Galega e anima a todo o mundo a suxerir palabras que non aparezan nos dicionarios para que "non se perdan" e porque sempre é positivo "ampliar o léxico".

- Cómo xurde a idea de crear Palabras na memoria?

-Dinme conta de que moitas palabras que se usaban non aparecían nos dicionarios. Comentellei o presidente da Asociación Cesáreo Sánchez hai anos a idea de recuperar estas palabras e en 2008 púxose en marcha esta iniciativa e comenzaron a xurdir moitas palabras. Hai termos fermosísimos e o obxetivo é que non se perdan porque sempre é importante ampliar o léxico.

- ¿Qué requisitos ten que cumprir unha palabra para entrar na web?

-Nos comprobamos que non estean nos dicionarios ou alomenos non co significado que se nos achega. Contestámolle a todo o mundo que suxire palabras.

- Hai zonas de Galicia máis activas que outras na recollida de vocabulario específico?

-Sí, temos moitas palabras recollidas en Navia de Suarna, Burela ou Cerceda. Xurden en calquera momento. Eu mesmo o outro día comencei un debate sobre un termo en Facebook cun amigo e o rato xa tiña unhas sete novas palabras para engadir a Palabras con memoria.

- Veránse cousas moi curiosas na recollida de palabras...

-Sí, hai que tener en conta que detrás de cada palabra hai unha historia. Temos por exemplo xentilicios, formas curiosas con que os veciños de algunhas zonas chaman os veraneantes. En Miño chámanlle lulús porque antes había moitos coches da provincia de Lugo no verán e en Vigo e comarca falan de fodechinchos, que ven de que coa chegada dos turistas subía o prezo de todo, ata dos chichos que é un pescado moi barato. Tamén vemos diferentes voces para chamar os animais en función da zona ou expresións moi curiosas que repiten termos como alba non alba, a chapín chapín ou quenquén.

- Ten algunha favorita?

-Estou namorado da expresión ir a gusto ou a gustiño que en Taboada usan para decir, por exemplo, nun coche que vaias a modiño. Tamén é curioso habilincho, que lle chaman en Mazaricos a un trebello tecnolóxico pero de pequeno tamaño ou nemarello, que é unha pequena herba que nace onde as fontes en Ourense.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Selectividad 2018 A Coruña

Aprobados Selectividad A Coruña 2018

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario