Bamboleo dálle hoxe a benvida aos espectadores a ritmo de chachachá, cun baile de exhibición desenvolvido por Carlos e María. O programa de entretemento da TVG dos sábados á noite recibirá a visita da cantante Soraya, que ofrecerá o seu último sinxelo, El pretendiente, tema de amor con ritmo actual e latino, entre outras cancións. O espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro contará ademais coas actuacións da moañesa Wöyza, cantante de soul e hip-hop galega, e da orquestra Capitol. No escenario tamén estarán Ana Manteiga, interpretando Quen puidera namorala, e Jaime Lema, co tema Que digan misa.