29 de octubre de 2017
29.10.2017

'Pescadores de Historias' achégase hoxe ao marisqueo na ría de Pontevedra

O espazo da TVG amosará aos espectadores como a especie que máis se colle nese enclave, tanto a flote como a pé, é a ameixa babosa

29.10.2017 | 02:32
X. H. Rivadulla Corcón, coa mariscadora Peregrina Muñiz.

O destino desta semana de Pescadores de Historias é Pontevedra, unha das cidades con máis personalidade de Galicia. Aínda que non se pense moito na cidade do Lérez como enclave pesqueiro, os espectadores do programa comprobarán hoxe que o mundo do mar tamén dota de singularidade a Pontevedra.

O marisqueo é a actividade máis destacada desta ría e del falará o patrón maior, César Rodríguez, quen destacará que a especie que máis se colle, tanto a flote como a pé, é a ameixa babosa. Na ribeira traballa Peregrina Muñiz, que leva gastados moitos rastos e ganchas. Próxima á xubilación e a pesar das ganas de chegar ao tempo de descanso, sabe que vai botar de menos o traballo.

No posto de control tócalles hoxe traballar a Marina Buceta e Chus Lorenzo. As dúas forman parte da directiva da asociación de mariscadoras, que cada día se alternan para facer o traballo de control do peso e as tallas da ameixa e a súa clasificación por tamaños para ser vendida na lonxa.

Por outro lado, Pescadores de Historias embarcará para coñecer o marisqueo a flote con Daniel Balea, mariñeiro apaixonado polo seu oficio, con experiencia na pesca de altura, tanto en Terranova coma no Atlántico Sur.

Os espectadores tamén coñecerán esta tarde a José García, o vello lobo de mar que traballou todas as artes posibles nesta ría, e a Loli López, a cociñeira que preparará para o programa unhas ameixas á mariñeira. Co prato xa servido, Xosé H. Rivadulla Corcón xantará con Ángela García, para falar con ela dos sentimentos das xentes do mar pontevedrés e do futuro vizoso que ten esta ría.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario