A escritora Marina Mayoral ingresou esta mañá na Real Académica Galega (RAG) coma Académica de Honra, máxima distinción que otorga a entidade a autores vivos e que só recibiron nove mulleres en toda a historia da Academia. Mayoral, autora de mais dunha vintena de obras -tanto en galego como en castelán- e un referente en traballos de investigación sobre Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, centrou o seu discurso de ingreso na primeira delas. En concreto, Mayoral decidiu ingresar na RAG cun discurso no que explicaba, basándose en anos de investigación, por qué o marido de Rosalía, Manuel Murguía, decidiu destruir as cartas que a poeta lle enviara antes de morrer. "Fai 50 anos pensei que a razón era que Murguía quería preservar a sua propia imaxe, pero agora co paso do tempo, coido que a verdadeira razón foi a de preservar a imaxe de Rosalía", sinalaba Mayoral o comezo da su intervención. Unha afirmación que a escritora tentou de argumentar con datos, citas textuais e reproduccións de textos da época na que, segundo a súa opinión, queda demostrado que Murguía, ademais de confiar sempre no talento da súa muller, "construiu a imaxe dunha Rosalía mártir, que se compadecía polos demais, modesta, humilde...". Para Mayoral, quizais nestas cartas había sinais de que a verdadeira Rosalía non era así e por iso, Murguía decidiu eliminalas cartas. "Sen éxito", sinalou Mayoral, "xa que toda Rosalía está nos seus versos". O discurso de Marina Mayoral contou coa resposta, como manda o protocolo da RAG, do académico Xosé Luis Franco Grande.