Sapoconcho, afouteza, eucaliptización, independencia, teimudo, vaga de lunes, velutina e Sapoconchoafoutezaeucaliptizaciónindependenciateimudovaga de lunesvelutina violencia de xénero son os oitos termos que optan a Palabra do Ano, ó resultar finalistas no certame que un ano mais puxeron en marcha desde a Real Academia Galega (RAG)Real Academia Galega e a Fundación Barrié a través do Portal das Palabras. A iniciativa recibiu, entre o 4 e o 17 de decembro, un total de 6.700 achegas de usuarios que propuxeron preto de 900 palabras diferentes das que finalmente só oito pasan á última fase do concurso, según explicaron onte desde a organización.

A televisión, a publicidade ou a actualidade está detrás de que estas palabras figuren entre as mais votadas do ano que ademáis teñen, segundo a organización, valor puramente lingüístico. O termo sapoconcho saltou a actualidade fai unhas semanas gracias a un concursante galego de Operación Triunfo. O presentador do programa díxolle que indicase unha palabra importante en galego e elixiu esta. Desde entón figura entre as palabras mais buscadas cada semana no diccionario online da Real Academia Galega.

O mesmo ocurriu fai uns meses con afouteza, un termo que cobrou protagonismo ó ser usado polo Celta durante unha campaña de publicidade para celebrar que o equipo de futbol xogaría unha competición europea. A publicidade tamén ten moito que ver na elección de teimudo, unha palabra que Gadisa resalta na súa última versión de Vivamos como galegos e que tamén figura entre os termos mais buscados do mes no diccionario online da Academia. O resto dos termos que optan a Palabra do Ano están relacionados coa actualidade rexistrada o longo do ano. Os incendios que sufriu a comunidade a finais do mes de outubro e as súas posibles causas fixeron que eucaliptizacióne vaga de lumes estén entre as mais votadas. A amplia presenza das vespas asiáticas eleva a velutina os termos finalistas, entre os que tamén se encontran independencia independencia-termo moi utilizado este ano polo sucedido en Cataluña- e violencia de xénero.violencia de xénero

Os interesados poden votar pola súa palabra favorita na web portaldaspalabras.gal/palabra do ano anta as doce da noite do vindeiro 25 de decembro. Cada usuario so poderá votar unha vez ó día desde o mesmo equipo informático. A gañadora darase a coñecer o 27 de decembro. Nas edicións anteriores as palabras elixidas foron corrupción (2014), refuxiado (2015) e irmandade (2016)corrupciónrefuxiadoirmandade, segundo explicaron onte os organizadores de este certame para elexir a palabra mais representada de este ano 2017.