Si en vez de con uvas y cava, brindásemos con varita mágica, los problemas que marcaron la agenda de 2017 se esfumarían como la carroza de Cenicienta después de las campanadas. Como soñar es gratis y los gallegos no solemos hacerlo en alto, por una vez, personas de diferentes ámbitos de Galicia dan voz a los que, quizás, sean los anhelos colectivos más presentes entre la sociedad. LA OPINIÓN hace en este reportaje más plurales sus deseos individuales para 2018. Chin-chin.

Enrique Alonso - Astrónomo

“Freo á contaminación lumínica; iluminar menos pero mellor”

“Coido importante poñer freno a un problema importante que está a modificar o nosos hábitos cotidiáns como é a contaminación lumínica. Falta por facer, e moito, no campo da formación. Trátase non de iluminar menos pero sí mellor. Tamén é un gasto enerxético importante e inútil por tratarse de luz que vai cara o ceo. Iluminar as horas necesarias, instalar farolas máis baixas ou luz amarela en lugar de branca, utilizar luz tipo led, pero sin pasarse na cantidade, son pequenos trucos cos que podemos aspirar a disfrutar de ceos mais escuros e un reestablecemento co ecosistema natural. Tamén aforrar cartos, que tamén é importante. Conseguir a calificación starlight para as Illas Atlánticas e centros de observación astronómica como A Veiga ou Forcarei tamén axuda nese camiño.

Andrés Baselga - Investigador en biodiversidad

“Que por fin la Ciencia y la Educación tengan financiación adecuada”

“A corto plazo, en 2018 me gustaría que, por fin, la Ciencia y la Educación tuviesen una financiación adecuada, semejante a la de nuestros vecinos europeos. Es la única manera de conseguir progresar como sociedad”, asegura el científico. “Y si queremos que la vida en la Tierra sea sostenible, tenemos que hacer un uso mucho más eficiente de los recursos, pero eso requiere un plazo mucho más largo”.

Quico Cadaval - Director teatral

“Que a nosa terra sexa nosa”

“Normalmente somos seres caprichosos e pedimos o que nos vén á boca ou algo que lle vimos ao veciño, e deunos cobiza. Podía pedir como desexo de 2018 remedios contra as detencións arbitrarias, a violencia do Estado ou a existencia de presos políticos, cousas que non me pasaron, mais, polo que se ve, pódeme pasar en calquera momento. Mais vou lembrar un vello desexo colectivo: que a nosa terra sexa nosa. Temos gobernos entusiastas da propiedade privada, por iso o ben común é para eles un concepto lírico. Non dubidan en apoiar a deturpación da fraga de Catasós ou a mina de Touro, porque ten propietarios favoritos, os das grandes corporacións. Para non pecar de exceso de lirismo, pronunciarei un pedido posíbel e doado: derogar a Lei de Fomento aprobada no Parlamento galego sen permitir o debate o 17 de outubro [Lei de Fomento de Implantación Empresarial]. Para que a nosa terra sexa nosa. Tan simple como isto.

Ledicia Costas - Escritora; Premio Nacional

“Educar en igualdade para que o machismo deixe de matar”

“O problema que desexo que teña solución ao longo do 2018 é o da violencia machista. Malia ser consciente de que él imposible amañalo dun día para outro, creo que merecemos unha maior implicación de todos os sectores da sociedade. Educar en igualdade debese ser unha prioridade para as familias. O machismo non deixa de matar. É insoportable.

Alberto Cunha - Músico y actor

“Que se rebaje el IVA cultural y se apoye más a grupos locales"

“Que se promocione más y apoye a nivel local a los grupos de Vigo y que se rebaje el IVA cultural, que lastra la viabilidad de la carrera de los los músicos y que en 2012 escaló hasta el 21 %, manteniéndose como una de las tasas más alta de toda Europa”.

Miguel de Lira - Actor

“Contra o desarraigo, afouteza polo ecosistema galego”

“Preocúpame o colapso do ecosistema a nivel planetario e a gravidade no noso entorno galego. Na paisaxe manifestouse dun xeito moi virulento coa vaga de incendios —un crime contra a terra— e a nivel local, aínda máis acuciante coas secas, que nos teñen perplexos. Ao mellor estamos no límite, e urxen medidas porque parece que por sí so non vai a resolverse. Pero tamén a paisanaxe, nós mesmos, sufrimos ultimamente un mal endémico: o desarraigo co medio natural que nos viu nacer, pero que tratamos como se non fora noso. Non se valora o ben más prezado que temos, que é o entorno. Como solución, pido afouteza por Galicia, contra o desleixo”.

María do Ceo - Cantante

“Curar o cancro, que na nosa familia matou a moitos e moi novos”

“Como todo o mundo, desexo paz no mundo e que no noso día a día, toda a poboación teña un fogar no que vivir e que haxa traballo. Sobre todo, benestar para os nenos, porque eles son o noso futuro. eu pediría que se avance máis no tratamento para curar o cancro ou, polo menos, que sexa unha enfermidade crónica, porque na nosa familia ten matado a moitos e moi novos”.

Pedro Feijóo - Escritor

“Diálogo para resolver o conflicto catalán”

“Como galego que vive en Barcelona, preocúpame especialmente a cuestión catalá e o problema español. Como observador imparcial, non comparto ao cen por cen o ideario independentista, pero se hai algo que me resulta aínda máis difícil (por non dicir imposible) é tratar de identificarme cun goberno como o de España, que foi quen de exercer unha represión tan brutal e desproporcionada contra cidadáns inocentes. Obviamente, a solución a este asunto pasa única e insalvablemente polo diálogo. E esta evidencia vólveseme terriblemente descorazonadora, porque aquí supón un novo problema: como moi ben nos ensinan os libros de historia, España é un país que nunca xamais quixo nin soubo dialogar con ninguén.

Javier García - Director de CEIP y profesor

“Que dunha vez a Educación non sexa un instrumento político”

“Moitos dos problemas que deberan ter solución para min, pasan pola mellora na Educación. É a única ferramenta que temos para construir unha sociedade máis amable. Neste 2018, penso que o problema de converter a Educación en instrumento político debera ter solución dunha vez. E a solución debera pasar por configurar un acordo “básico” a partires do cal redactar as leis educativas posteriores e que calqueira partido político queira deseñar. Nese acordo debería estar “o neno” como eixo arredor do cal xirara cada un dos apartados.E todo isto regado cos valores que deberan rexir nas sociedades presentes e futuras (alonxados dos actuais e imperantes valores das catro P: pasta, poder, prestixio e posesións). Só se me ocorre ter esperanzas no futuro. Un futuro que estará dirixido polos nenos e nenas e, se a educación delas tivera outras prioridades, poderiamos prever a existencia de xeracións futuras onde a mellora da calidade de vida das persoas (e non únicamente da economía) sería o obxectivo básico da súa actuación persoal e profesional futura”.

Luis Manuel García Mañá - Senador y escritor

“Que os nosos mozos non teñan que emigrar por traballo”

“Coido que sería boa cousa que en 2018 arranxáramos que a nosa xuventude non tivera que emigrar na procura de traballo. E mesmo amañar as cousas para que retornasen os que están fóra si lles convén. Un pais, Galicia, non se fai grande sin o afortalamento e potencialidade da súa xuventude”.

Antonio García Teijeiro - Poeta; Premio Nacional

“Futuro para menores desprotexidos que reciben unha labazada inxusta da vida”

“Se hai algo que me preocupa, dende hai ben tempo, é a desigualdade social. As diferenzas entre ricos e pobres preocúpanme. Porque esas diferenzas producen unhas vítimas ben claras: as persoas maiores e os nenos. Non soporto ver nenos e nenas que pasan fame, literalmente. E non hai que ir lonxe. Están aquí.. Que vai ser desta rapazada nuns anos? O seu futuro… Téñeno? Nos meus poemas deixo a miúdo claves neste sentido. Para reflexionar. Seres desprotexidos que reciben a labazada inxusta da vida. Que se avance neste eido é o meu desexo”.

Laura Llauder - Bailarina

“Que cada ser humano tome la decisión de ser feliz y auténtico”

“Desearía para el 2018 vivir en un mundo libre de guerras, mas solidario y concienciado con el cuidado del Planeta. Deseo que cada ser humano confíe en su potencial, en su fuerza y en su poder interior para transformar su vida y tome la decisión de ser feliz,pleno y autentico. Es esencial seguir nuestra pasión,nuestro sueño,ese sueño que nace del corazón y nos llena de amor, paz y plenitud.Si lo hacemos,lograremos un mundo más bello.Es importante escuchar mas lo que nos dice nuestro cuerpo,expresarnos a través de él, liberarnos, bailar, sentir.La danza y la música unen porque no tienen fronteras. Para mi la danza es el lenguaje del alma”.

Nuria Lorenzo - Mezzosoprano y directora de coro

“Que exista una estrategia en política forestal”

“Como afectada de los fuegos en Galicia, deseo que se materialicen las ayudas prometidas, con tanta profusión por el Gobierno Gallego, y que de una vez exista una estrategia real y efectiva en política forestal”.

Isabel Lorenzo Lorenzo - Oncóloga

“Redistribuir los presupuestos para dar prioridad a la sanidad”

“Instintivamente mi primera respuesta es ¡curar el cáncer ! Muchas mañanas yendo hacia el hospital tengo la impresión de ir hacia una guerra en la que los muertos son inevitables, hagamos lo que hagamos. Pero siendo realista, el que me parece perentorio es la redistribución de los presupuestos públicos para dar prioridad absoluta a los pilares fundamentales del Estado de bienestar: la sanidad, la educación y la justicia social. Me escandaliza el gasto público en actividades lúdicas e infraestructuras superfluas mientras crece la pobreza infantil, la pobreza energética en muchos hogares, las personas sin vivienda, la desatención sociosanitaria a los colectivos desfavorecidos y la desigualdad progresiva de oportunidades entre los niños y los jóvenes. Y mientras ocurre todo eso, observo como una buena parte de la sociedad se embrutece y mira hacia otro lado. Curar el cáncer no está en nuestra mano ni lo va a estar en 2018. Exigir que rindan cuentas los que malgastan en fruslerías el dinero que reunimos entre todos sí lo está”.

Irene Milleiro - Directora de Change.org

“Xogámonos o noso futuro como país: que aumente o I+D”

“O problema que debería ter solución é a falta de inversión en Ciencia e Innovación que levamos nos últimos anos. Mentras o conxunto da UE está a invertir un 25% más en I+D que antes do inicio da crise, España está a invertir un 10% menos. Aí xogámonos o noso futuro como país. Hai que recupera-lo apoio nos próximos orzamentos de foma urxente”.

Jorge Mira - Físico y divulgador

“Que volte o consenso normativo contra o cambio climático”

“Podería pedir moitas cousas, pero irrealizables en 2018. A nivel do planeta e a súa sostenibilidade, un dos principais problemas é o cambio climático que, por efecto dominó, acaba afectando a millóns de persoas. Sheldon Glashow, Premio Nobel de Física, preveu que se o mundo non corrixe o rumbo será o fin da civilización tal e como a coñecemos en menos de cen anos. Por poñer algo factible o próximo ano, pido que as principais potencias volvan ao consenso normativo que marcou o Cumio do Clima de París. Sobre todo Trump, que volva ao rego”.

Celia Miralles - Especialista en VIH

“Que los jóvenes crezcan en igualdad, sin roles de género”

“La violencia de género merece una solución de raíz. 2017 finaliza plagado de víctimas y con el telón de fondo de los juicios de agresiones sexuales colectivas. A eso se suma el techo de cristal que aún existe en diferentes ámbitos. Milité en el feminismo desde los 20 años... y parece que un esfuerzo tan grande, hecho durante tantos años, se evapora cuando ves que las nuevas generaciones reproducen los roles de género que facilitan las situaciones de desigualdad”.

Alberto Montes - Formador de seminaristas

“Superar la baja tasa de natalidad en Galicia y Europa”

“La baja tasa de natalidad en España y Europa, será uno de los grandes desafíos a superar en 2018. Sin dejar de considerar las funestas consecuencias sociales y económicas que esto genera, el colapso demográfico es fiel reflejo de la falta de esperanza en el propio hombre. Por el contrario, la natalidad además de ser símbolo de esperanza para cualquier pueblo y nación, fortalece su tejido social, compromete la relación entre las generaciones y vuelve más segura nuestra mirada sobre el futuro venidero.”

Nicolás Pastoriza - Músico

“Solucionar las violencias machista, xenófoba y sexual”

“Se me ocurren como muy urgentes, soluciones drásticas para de una vez por todas solucionar la indefensión de las mujeres ante el desfasado índice de violencia machista, así como toda violencia -física o no- que emane de las fobias de individuos muy patriotas que creen que todo aquel que no es como él por raza, sexualidad, clase social o simplemente por buscar refugio en este país, tiene que ser escarmentado y vilipendiado. Creo que no hace falta argumentar nada más al respecto teniendo en cuenta las cifras de víctimas en todos los ámbitos que se manejan en los últimos años”.

Xavier Quiroga - Escritor

“Son tan graves os problemas que non van ter solución”

“Son tantos e tan graves os problemas cotiás que me resulta de todo xeito irresponsábel dicir que van ter solución. Non a van a ter, xa sexa Cataluña, a violencia de xénero, a corrupción política e das clases dirixentes, a pobreza e o paro, a non acollida de refuxiados, a manipulación dos medios de comunicación, o abandono da nosa lingua. Escollo o que segue no candeeiro: mentres España e o resto dos españois non arríen o seu rancio e autoritario estandarte e non intenten reconciliarse cos cataláns, non se ve saída. E se o fan, para non seguir agrandando esa fenda que xa nos separa, que doado sería ao mesmo tempo deixar opinar —con todas as garantías democráticas— a un pobo culto e pacífico que, na súa grande maioría, non desexa separarse senón, simplemente, tomar as súas propias decisións.

Xesús Ron - Director de cine e actor

“Unha Lei de artes escénicas acordada por todo o sector”

“Un problema que se podería solucionar no 2018 sería o que afecta ao funcionamento do Centro Dramático Galego, por exemplo iniciando a tramitación no Parlamento galego dunha Lei de artes escénicas a partir do texto programático elaborado e consensuado por todo o sector escénico galego, que foi entregado a todos os grupos parlamentarios e ao propio goberno”.

Carmelo Santidrián - Otorrino

“Revertir la desigualdad que se acrecentó con la crisis”

“La pobreza y el riesgo de exclusión ha aumentado de manera alarmante en los últimos 10 años, del 19,70% al 22,30% de la población. España es el país de la OCDE en el que más ha crecido la desigualdad desde el inicio de la crisis. Y el reparto de la renta tiene que haber cambiado, de modo que los asalariados han perdido capacidad adquisitiva,que se ha ido a remunerar el capital (beneficios empresariales) y a impuestos. Me gustaría que esa tendencia se revirtiese”, apunta el ortorrinolaringólogo gallego Carmelo Santidrián.

Pepe Solla - Chef; Estrella Michelin

“Que en 2018 se reduzcan los casos de violencia de género”

El chef gallego con una estrella Michelin Pepe Solla también manifiesta sus deseos para el año que está a punto de comenzar. “No lo dudo ni un segundo: la violencia de género. Es un gran problema de nuestra sociedad, y tristemente, lejos de ir a menos, cada vez gente más joven llega a verlo ya no como un problema, sino que empieza a justificarlo... Creo que, por tanto, algo estamos haciendo muy mal. Ojalá podamos decir que en el 2018 vamos reduciendo los casos y tomando más conciencia de ello. Nunca debemos esperar a que pase cerca para denunciarlo, de ser así habremos llegado tarde.

Ignacio Vilar - Cineasta

“Moito máis apoio ao cine galego gravado en galego”

“Que haxa máis apoio ao cinema galego gravado en galego, que recibe axudas da UE e non se destinan directamente ao que son dirixidas. O lóxico sería que toda a inversión fora ao fin para o que está destinado”, sostiene el cineasta gallego ignacio Vilar.

Al deseo más enunciado cada Nochevieja, “acabar con la desigualdad entre ricos y pobres”, este año se suma otro clásico“superar los conflictos políticos a nivel estatal”. Fin de año es época de ponerse propósitos, pero ¿qué conflicto actual desean resolver los gallegos? Una pequeña muestra del mundo del arte, la ciencia y la medicina gallega se pronuncian. “Las personas deberían de defender sus valores siempre”, desea el premiado pianista Pablo Galdo. “Que chova ben e cando toca, que Galicia siga a ser o confín dos verdes castros”, apunta el literato Domingo Villar