Na nova entrega de Casa de comidas que a Televisión de Galicia (TVG) ofrecerá esta noite, o programa visitará establecementos de Boiro, Castrelo do Miño, Rodeiro e O Cebreiro. O Mesón Os Muíños, en Ponte Goián (Boiro), iniciou a súa actividade no ano 1977 e está situado nun antigo muíño que data do ano 1745. A súa cociña é sinxela, permanecendo fieis ao tradicional. As súas principais especialidades son o churrasco, as luras e o polbo. Este último produto elaboranno ao estilo oriental: con humus, queixo, calabacín, tomate cherri e pementa.

Pola súa parte, o bar Ludeiro, en Castrelo de Miño, abriu as súas portas na década dos anos 60 do século pasado. Na actualidade está rexentado pola filla da fundadora, quen, cando comezou co negocio, ía a pescar as anguías, prato polo que é coñecido este establecemento.