25 de enero de 2018
25.01.2018

'Miniempresas Coruña' arranca a súa quinta edición con seis proxectos

Máis de 300 alumnos e 15 docentes participarán nas actividades de formación

25.01.2018 | 01:34
'Miniempresas Coruña' arranca a súa quinta edición con seis proxectos

O proxecto Miniempresas Coruña organizado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria inicia a súa quinta edición. A iniciativa, financiada pola Fundación Alcoa, e de cuia divulgación se encarga LA OPINIÓN busca achegar o espírito emprendedor no alumnado dos centros educativos da Coruña.

Despois da convocatoria do programa en outubro e a súa resolución o mes pasado coa selección dos participantes deste curso, Miniempresas Coruña arrancou de forma oficial onte cunha presentación no CIFP Someso da Coruña. Nesta edición, serán cinco os centros que presentarán os seus proxectos. Un deles é o propio CIFP Someso, o único que traballará en dúas iniciativas. Completan a lista o IES Universidade Laboral, o CIFP Paseo das Pontes, o CIFP Ánxel Casal-Montealto e o IES Isaac Díaz Pardo.

Os cinco centros educativos xa empezaron a decembro a traballar nas súas ideas e transformalas nun proxecto empresarial viable e terán de prazo ata o mes de maio para rematalas, antes de presentar o informe de resultados en xuño.

Este proxecto enmárcase no Plan de Emprendemento do programa Eduemprende da Xunta e busca difundir o valor do emprendemento no ámbito escolar. Nesta edición participarán 300 alumnos, 15 profesores e seis miniempresas de cinco centros. Na suma das convocatorias anteriores son 192 os docentes e 3.751 os estudantes que colaboraron.

O programa complétase con actividades de formación sobre conceptos como aprender a emprender, marketing 3.0, e-commerce, comunicación relacional ou mindfulness. Ademais, alumnos de centros da comarca coruñesa terán ocasión de formar parte doutras iniciativas de sensibilización como reunións con empresarios ou visitas a empresas da zona.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.