04 de marzo de 2018
04.03.2018

A estilista Natalia Alcayde comenta os 'looks' dos Mestre Mateo en 'A Revista'

04.03.2018 | 00:54

O espazo A Revista Fin de Semana achegarase hoxe en directo á Festa do Queixo de Arzúa, declarada de Interese Turístico de Galicia, que celebra a súa 43ª edición. Ao longo desta primeira fin de semana de marzo, todos os asistentes poderán degustar este exquisito queixo, o máis producido e consumido en Galicia, e gozar coas grandes actuacións musicais programadas no festival que acompaña esta exaltación gastronómica desde as súas orixes e que este ano contará con Ilegales, Sidonie, No Craft, Rosa Cedrón e Son de Seu, entre outros. De volta no estudio de gravación, María Solar conversará coa blogger e experta en moda Natalia Alcayde, que comentará os estilismos da gala dos Mestre Mateo, e con Moncho Lemos, que falará da parte máis cinematográfica do evento e que fará as súas apostas sobre o que pode dar de si a 90ª cerimonia dos Premios Óscar, que se entregan esta madrugada.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Selectividad 2018 A Coruña

Aprobados Selectividad A Coruña 2018

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario