08 de marzo de 2018
08.03.2018
Emma Lustres Directora de Vaca Films. Premio Traxectoria Profesional

"Hai que coñecer as aptitudes de cada un, poñerse metas e loitar por elas"

"Hai moitas mulleres na produción de cine, nos últimos anos levaron moitos Goya e Mestre Mateo, pero é unha labor menos visible"

08.03.2018 | 12:02
"Hai que coñecer as aptitudes de cada un, poñerse metas e loitar por elas"

- Que lle parece recibir este premio á súa traxectoria?

-É unha satisfacción e estou moi agradecida. No eWoman falouse moito de éxito e o éxito son moitas cousas, é un sentimento moi particular e cada unha pode pensar en función das súas inquedanzas o que significa para ela. Para min significa ser feliz, facer o que che gusta. Síntome moi feliz, teño unha familia maravillosa e un traballo moi bonito, que ten moito recoñecemento público e no que notas que a xente valora o que fas e mesmo que está orgullosa do que fas. Eu sempre digo que cando gañamos o Goya por Celda 211 a maior satisfacción foi que o chegar a A Coruña a xente estaba orgullosa, sentían o premio coma propio.

- No seu caso, tivo algunha traba por ser muller para desenrolar a súa carreira profesional?

-Eu a verdade é que non. Creo que tanto en homes como en mulleres é moi importante coñecer as aptitudes que ten cada un, coñecerse moi ben, poñerse metas na vida tanto a nivel persoal como profesional e loitar por elas. E ser ambicioso no bo sentido, para min a ambición é lograr o que ti queres facendo ben aos demais. Todo o contrario o que ás veces se entende por ambición. Para min a ambición é ser boa persoa e está moi ligado a conseguir os soños que sempre deben ser bonitos. Me sentín reflexada nalgunha conferencia do eWoman no sentido de que eu son moi loitadora, soñadora, fantasiosa, pero espero non perdelo nunca, creo que non ter medo a nada é importante para conseguir o que un se propón.

- Nos recentes Mestre Mateo ou nos Óscars denunciouse a pouca presencia das mulleres no audiovisual. A que cre que se debe?

-A que aínda que se avanzou moito e levamos moito tempo gañando posicións, queda moito por facer. Moita xente de 30 ou 40 anos que está no seu momento profesional vén de vivir tempos hai uns anos de non tanta igualdade. Esto mudará co tempo, a xente nova vivirá nunha sociedad moito menos machista que a actual e que a que tivemos hai anos. Eu cando era pequena recordo moito machismo en España e iso que teño a sorte de que crecín nun entorno igualitario e feminista e teño unha parella que tamén é así porque algunas parellas célanse dos éxitos ou de que as súas parellas poidan ter o protagonismo. De todo modos na produción hai moitas mulleres, pero é un traballo menos visible. Hai mulleres en maquillaxe ou vestiario e non tantas en dirección ou guión, os sitios onde máis se cocen os proxectos e se elixen. Nos últimos anos tanto en Goyas como Mestre Mateos a maioría das premiadas son películas de mulleres producidas de mulleres.

- Que consellos lle daría a unha rapaza que quere adicarse ao cine?

-Os mesmos consellos que a calquera rapaza: que intente saber cales son as súas aptitudes, como é ela como persoa, que é o que lle gusta, no que se sinte máis capaz. E se algunha quere adicarse ao mundo do cine, ten que preguntarse se lle apaixona o cine, se ve películas practicamente todos os días e se é así pensar que o que lle máis gustaría dentro do cine para tratar de coller o camiño máis adecuado.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Enlaces recomendados: Premios Cine