Ismael Ramos, Xosé Manuel Beiras, Luz Pozo, Margarita Ledo, Xosé Luís Franco Grande ou Ánxeles Penas foron algúns dos escritores e amigos de Xohana Torres, falecida o pasado mes de setembro, que recitaron parte dos seus poemas onte na homenaxe que a Real Academia Galega fixo a autora con motivo do Día Mundial da Poesía. A lectura de textos combinouse con música. Guadi Galego foi a encargada de por a nota musical na homenaxe ao converter dous poemas da escritora en cancións.