A Revista de hoxe mostrará como é a vida diaria dun astronauta no campamento espacial que ten lugar en Santiago de Compostela. O programa da Televisión de Galicia (TVG) coñecerá de primeira man o deseño dunha casa no espacio ou dun forno solar. Tamén se ensinará como se alimentan os astronautas ou a experiencia de sobrevivir na gravidade 0.

O espazo da canle autonómica tamén se desprazará ata Tui, onde se está a desenvolver a Festa do Meixón, que ten lugar entre o 24 de marzo e o 5 de abril. O programa estará en directo nalgún dos restaurantes que sirve este manxar, tan típico de Galicia.

Xa no estudio, Sevi Martínez falará con Olga Gómez, unha veterinaria que está a desenvolver novos produtos para curar as infeccións e doenzas das nosas mascotas. Ademais, a avogada Ana Camiño explicará o auxe das vivendas de uso turístico.