15 de abril de 2018
15.04.2018

A celebración do 850 aniversario da vila de Noia, en 'A Revista Fin de Semana'

15.04.2018 | 01:24

O magazine A Revista Fin de Semana achegará, de primeira man, as mellores propostas de medio cento de marcas de automóbiles e de motos que se dan cita na 27 edición do Salón do Automóvil, que se está desenvolvendo no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi).

A presentadora María Solar conversará no estudio, por outra parte, co historiador Xerardo Agrafoxo, autor de O Portus Apostoli na Ruta Xacobea, para saber máis sobre a celebración dos 850 anos da sinatura fundacional da vila de Noia.

Con motivo da nova campaña de RSC que a Crtvg pon en marcha esta semana arredor do Día Mundial da Bicicleta baixo o lema Vive a Bici, co gallo de sensibilizar sobre o seu uso correcto en materia de seguridade viaria, saúde e propostas de ocio e de negocio, A Revista Fin de Semana recibirá ao ciclista Iván Montero.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Selectividad 2018 A Coruña

Aprobados Selectividad A Coruña 2018

Consulta aquí toda la información sobre las pruebas de acceso a la Universidad: notas de corte, resultados y noticias


GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario