Susana Seivane e David Perdomo emprenden hoxe a súa segunda etapa polo Camiño Francés, desde O Cebreiro ata Triacastela. Os usuarios da páxina web da Crtvg poderán seguir a realización deste percorrido en streaming durante dez horas ininterrompidas, desde as 10.00 ata as 20.00 horas, e nas redes sociais coa conta @Destinostgo e co cancelo #destinoSTGO. Destino Santiago conta cunha web propia: www.destinosantiagotvg.gal.

Tras o éxito da primeira experiencia de televisión slow tv ou TVG amodiño de España desenvolvida pola Crtvg o ano pasado con este programa, os medios públicos galegos apostan de novo pola tecnoloxía e o esforzo humano con esta segunda tempada do espazo, consistente en dezaséis etapas de peregrinación, que rematan en Fisterra.