Gadis ratifica o seu compromiso co Día das Letras Galegas e renderá homenaxe á autora conmemorada o vindeiro 17 de maio, María Victoria Moreno, entregando aos seus clientes máis de 50.000 marcapáxinas que inclúen un dos poemas de Elexías de luz e coa distribución de máis de dous millóns de bolsas cun fragmento de Diario da luz e a sombra. Tamén lanzará unha reedición de 30.000 volumes de Papá Bolechas doa sangue, protagonizado pola popular familia creada polo ilustrador e deseñador Pepe Carreiro.