Naceron como banda no ano 1986 e acadaron varios premios ao longo da súa andaina. O seu director é Francisco Javier Vidal Suárez. É unha formación integrada maioritariamente por xente nova, que comezaron aprendendo linguaxe musical e instrumentos de banda na escola de música Sementeira, que principiou a súa actividade en 1978.