A artista galego-palestina foi durante un tempo a voz de Fía na Roca, un grupo importante na historia do folk galego que xa desapareceu. Hai catro anos decidiu comezar unha carreira como solista e o resultado foron dúas candidaturas nos PREMIOS OPINIÓN como mellor artista e canción. Dentro duns meses publicará o seu segundo álbum.