26 de mayo de 2018
26.05.2018

O programa 'Vivir aquí' da TVG estará hoxe dedicado á muiñeira

A Cidade da Cultura celebrará en xuño a declaración de Ben de Interese Cultutal

26.05.2018 | 01:30

A primeira fin de semana de xuño vaise celebrar na Cidade da Cultura un serán multitudinario para festexar a vindeira declaración da muiñeira como Ben de Interese Cultural. Con este motivo, Vivir aquí dedicará hoxe o programa a un dos bailes máis representativos do folclore galego.

Unha muiñeira púxolle banda sonora a todo un éxito nas redes sociais, popularizado por un grupo de rapaces de Vigo, e a televisión é desde hai décadas, grazas ao programa Luar, un espazo máis onde dar a coñecer unha das principais expresións artísticas que nos identifica como pobo.

Os reporteiros do programa visitarán algúns lugares onde este baile está máis vivo ca nunca, desde unha agrupación centenaria, das máis antigas de Galicia, Cántigas da Terra, ata un colexio de Lugo onde gozan da música e o baile durante o horario lectivo.

'Aquí Galicia'

O concello de Bande, na provincia de Ourense, será o lugar desde o cal o Aquí Galicia levará a cabo o programa de hoxe. O set do espazo estará situado na praza da Constitución, con motivo da XLVII Festa do Peixe. A gastronomía será un dos eixes do programa, que tamén se centrará nas marabillas paisaxísticas e culturais de Bande e a súa contorna.

Presentado por Lucía Rodríguez, Bernardo Montaña e Juan Fuentes, o Aquí Galicia deste sábado xirará arredor do mundo do peixe, como non podería ser doutro xeito na 47 edición da súa festa.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario