28 de mayo de 2018
28.05.2018

A TVG roda 'O sabor das margaridas', un 'thriller' policial con Nerea Barros

A serie, de seis episodios e dirixida por Miguel Conde, tamén conta con María Mera, Tony Salgado e Ricardo de Barreiro no seu reparto

28.05.2018 | 00:35
Un momento da rodaxe de ´O sabor das margaridas´.

A rodaxe rematará o 22 de xuño e a estrea será a finais de ano

A Crtvg fai unha nova aposta pola ficción desta volta en coprodución con CTV, empresa especializada na creación e produción de contidos de entretemento e ficción para televisión. O sabor das margaridas é un thriller policial de seis episodios con localizacións exteriores en Abegondo, A Estrada, Vedra e Santiago, e nos estudios de CTV en Teo.

Dirixida por Miguel Conde (director de Seis irmás e Baixo sospeita), a serie está protagonizada polas actrices Nerea Barros -gañadora do Goya á mellor actriz revelación por A illa mínima e María Mera ( Dalia, a modista), e os actores Ricardo de Barreiro, coñecido polo seu extenso traballo en cine e recentemente en F ariña, e Tony Salgado destacado polas súas interpretacións en cine, teatro e televisión como na serie Pazo de Familia. Como debutantes na pequena pantalla participan no proxecto os talentosos Sara Sanz e Jimmy Núñez. A rodaxe finalizará o próximo 22 de xuño e a súa estrea na TVG está prevista para este outono.

A estética, a paisaxe e a evolución das personaxes serán os trazos distintivos da serie, en que os segredos e a sede de vinganza manterán ao espectador pegado á pantalla. Con O sabor das margaridas, a Crtvg e CTV dan un paso máis en canto a calidade técnica e artística coa vista posta no mercado internacional grazas aos seus estándares de calidade, temática e estética. É unha serie "evento" de seis capítulos e de final pechado seguindo as novas liñas e hábitos de consumo dos telespectadores.

Sinopse

Rosa Vargas, unha muller forte, con recursos e que arrastra un pasado traumático, é unha axente da policía xudicial da Garda Civil que chega a un pequena vila para investigar a desaparición dunha moza conflitiva e sen familia á que ninguén parece interesado en buscar. Nas súas pescudas contará coa colaboración de dous axentes locais cos que a relación non sempre será doada. O que parece un caso sinxelo vai complicarse e volverse máis escuro e perigoso cando a investigación da desaparición de Marta vai sacando á luz outros segredos, misterios, asasinatos, chantaxes, drogas, prostitución? que ata ese intre permaneceran ocultos na vila "onde nunca pasa nada".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Enlaces recomendados: Premios Cine