O Pleno da Real Academia Galega (RAG) decidirá este sábado quen será a personalidade homenaxeada o Día das Letras Galegas de 2019. Tras o peche do prazo establecido para a presentación de candidaturas, os membros de número da institución someterán a votación as dúas propostas rexistradas: Ricardo Carballo Calero e Antón Fraguas Fraguas.

A RAG creou o Día das Letras Galegas en 1963. Desde aquel ano, dedicado a Rosalía de Castro, esta festa da cultura de noso vénse desenvolvendo sen interrupcións e converteuse nunha celebración de referencia na que, alén dos actos académicos, participa a sociedade no seu conxunto.